O PSdeG de Pontevedra pídelle aos populares que "traballen" e que inflúan na Xunta para axudar ao concello

Tino Fernández destaca que o concello asumiu varias competencias en servizos sociais que son da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/12/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O tenente de alcalde e voceiro do Grupo Municipal do PSOE, Tino Fernández, lamentou o intento dos 'populares' de "despretixiar o traballo que veñen desempeñando os profesionais do Concello de Pontevedra que se adican eido do Servizos Sociais como ao da Educación polas súas críticas sobre o destino dos cartos a gasto social.

Tino Fernandez, tenente alcalde do Concello de Pontevedra e responsable local do PSdeG
Tino Fernandez, tenente alcalde do Concello de Pontevedra e responsable local do PSdeG | Fonte: Cadena Ser

"O que tería que facer é agradecerlle a todos eses profesionais o enorme traballo que están a facer desempeñando incluso competencias que non son propias do Concello de Pontevedra e que debería asumir a Xunta de Galicia, que como todos sabemos está gobernada por un partido que se chama Partido Popular, do que forman parte os concelleiros do PP de Pontevedra", lamentou a través dun comunicado.

Neste sentido, criticou aos populares por pedir cousa, como un incremento no convenio coa Fanpa, "cando xa hai un incremento neste convenio pactado coa propia Fanpa". "O que tería que facer o PP de Pontevedra é poñerse a traballar no Concello e facer propostas serias", dixo ao tempo que lle pediu que presionen ao seu partido na Xunta para que asuman as competencias que están realizando os concellos.

"Hai leis que levan sete anos para cambiarse e que obrigan a que os concellos asumamos responsabilidades en Servizos Sociais porque non se chega a un acordo de financiamento autonómico", espetou ao tempo que puxo como exemplo o caso da Unidade de Drogodependencias (UAD), que está financiada polo Concello, pero que é comarcal e polo tanto atende a máis xente que á do municipio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta