Piden un corredor atlántico de mercadorías "en condicións de igualdade" que o do mediterráneo

BNG e PP coinciden en denunciar un trato "discriminatorio" por parte do Goberno central e o PSdeG critica o pacto entre populares e nacionalistas para "zorregarlle ao Goberno central".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

O Parlamento galego pediu por unanimidade dos grupos un impulso ao corredor atlántico de mercadorías, tras un debate no que BNG (autor da iniciativa) e PP coincidiron en denunciar un trato "discriminatorio" por parte do Goberno central que o PSOE negou.

A nacionalista Alexandra Fernández advertiu, en concreto, da "crecente desigualdade estatal" con alusións ao corredor mediterráneo, e clamou polo fin do modelo radial de infraestruturas no estado español.

A ‘T deitada’ que propón o Eixo integraría a Lugo no Corredor Atlántico de mercadorías para mellorar as conexións por tren coa meseta
A ‘T deitada’ que propón o Eixo integraría a Lugo no Corredor Atlántico de mercadorías para mellorar as conexións por tren coa meseta

Tamén desde o PPdeG, Martín Fernández, reivindicou unha postura "inequívoca" sobre este asunto por parte do grupo maioritario e da Xunta e denunciou "agravios que son evidentes" nos orzamentos xerais do estado. Ademais, lamentou que o destino de fondos europeos para a reconstrución "vaise a decidir desde un despacho de Moncloa".

Mentres, a socialista Patricia Otero criticou que ambos os grupos "parece que coinciden bastante" en "zurrarlle" ao Goberno central, do que defendeu o seu "compromiso" coa rede ferroviaria galega. Por parte do PSdeG, remarcou a "aposta decidida" polo corredor atlántico de mercadorías.

O TEXTO

O texto que saíu adiante demanda a priorización dos proxectos de infraestruturas do corredor atlántico en Galicia así como a mellora das conexións con Portugal coa construción do saída sur de Vigo. Tamén require a mobilización de fondos do período 2021-2027 así como de fondos extraordinarios da Unión Europea para fomentar o desenvolvemento do corredor atlántico galego "en condicións de igualdade" con outros corredores.

En terceiro lugar, solicita a atención á intermodalidad do corredor mediante a priorización das conexións ferroviarias cos portos da fachada atlántica e coas principais plataformas loxísticas, "singularmente" con Punta Langosteira.

Un cuarto punto esixe a presentación do plan director do corredor, a dotación de partidas nos orzamentos xerais e a solicitude de fondos europeos para conectar Galicia "nas mesmas condicións e nos mesmos prazos que os doutros corredores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 nE57

Para qué, se no noroeste non nai trens de mercancias.

1 anonimo

Non hai moitos pero algo hai. Hai varios trens de madeira a Portugal, e a fora de Galicia, trens de cemento, trens de residuos a central anexa a Meirama. Aluminio dede san Cibrao... Ainda que pareza increible, para falar dun tema compre saber ( algo) del.

2 2x7H

Para levar troncos de eucaliptos a portugal, ou lixo a sogama, non fai falta un corredor atlántico. Ademáis cando quede libre a vía convencional a Madrid, xa tes un corredor de mercancias feito. Ó final o que menos sabe és ti.

3 anonimo

A liña convencional a Madrid xa está libre, porque a vía por Ourense- Zamora . Medina de Campo non ten servicio de mercancías, van todas por Monforte - León - Palencia. Entre Monforte e León non hai demasiado tráfico ferroviario, suprimíronse varios trens de pasaxeiros coma o mítico catalán. De nada, cando queiras saber algo, preguntas e xa está.

4 Gamela

Agradécese falar con alguén que sabe algo do tema, poderías enviar un enlace onde aparezan as liñas ferroviarias actuais (?) onde se poda ver o tráfico de mercadorías e dis que na liña convencional a Madrid xa non circulan trens na actualidade (?) En fin gostaríame saber como estamos a día de hoxe... (?) A famosa saída Sur de Vigo parece que é unha pura quimera (para seguir falando dela toda a vida, coma fixeron co AVE) ? Agradecido por calquera información precisa que podas aportar !

5 kgbd

A liña convencional Ourese-Zamora non está baleira, senónque é usada polos alvias a Madrid. Cando quede baleira pode ser para mercancias. Os expertos de internet ó final son os que menos saben.