Feijóo, favorable a regular a monarquía para "transparentar as cousas"

O presidente da Xunta asegura que Xoan Carlos e Felipe V son "probablemente os únicos dous españois cuxa liberdade de expresión estea ben recortada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse este xoves a favor de regular a monarquía para "ordenar e transparentar as cousas", especialmente no que ten que ver coas "institucións medulares" españolas. "Non é unha mala formulación", recoñeceu Feijóo nunha entrevista en Antena 3, recollida por Europa Press, na que dubidou de que este Goberno sexa o "adecuado" para acometer esta reforma, posto que "polo menos a metade pretende derrocar a monarquía constitucional". "Non parece o Goberno máis obxectivo e máis neutral que puidésemos ter coa institución da Coroa", apuntou.

Con todo, o presidente autonómico enxalzou as palabras do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que este mércores defendeu o labor de Juan Carlos I. "Gustáronme, foron unhas palabras ponderadas. O que dixo onte non o di todos os días, e o que dixo boa parte do seu Goberno nin o fan, nin o aceptan nin o defenden", engadiu.

Nesta liña, e tras defender unha regulación da monarquía, Feijóo explicou que o Rei emérito e o Rei Felipe V son "probablemente os dous únicos españois cuxa liberdade de expresión" estea "ben recortada". "Entre outras cousas porque as súas capacidades para defenderse están ben limitadas polos usos e costumes", engadiu.

Preguntado pola declaración de Juan Carlos I para regularizar a súa situación fiscal, o presidente da Xunta cualificou de "boa noticia que os temas fiscais" do Rei emérito "se aclaren" e que a "regularización poña fin" ao que "non é un tema menor". "Era necesario aclaralo para proseguir co noso camiño e traballos", destacou.

Feijóo expresouse así despois de que o Rei emérito presentase ante a autoridade tributaria unha declaración sen requirimento previo, da que resultou unha débeda tributaria, xa satisfeita, por importe de 678.393,72?, incluíndo intereses e recargas, segundo un comunicado emitido polo seu avogado, Javier Sánchez-Junco.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta