A familia franco tenta emporcar a memoria de Pardo Bazán asegurando que a familia foi vítima da Fronte Popular

Francis Franco sostén que a biblioteca de Meirás foi doada ao ditador pola viúva do fillo de Pardo Bazán.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/12/2020 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Francis Franco, o neto do ditador Francisco Franco, asegurou este xoves que a biblioteca do pazo de Meirás foi doada ao seu avó pola viúva de Jaime Quiroga, o fillo de Emilia Pardo Bazán, despois de que este fose asasinado xunto ao neto da escritora nunha checa en Madrid.

Franco expresouse nunha entrevista en Antena 3, recollida por Europa Press, tras ser preguntado pola biblioteca de Pardo Bazán, que conta cun total de 10.855 volumes pertencentes á colección da escritora.

Francis Franco, que o mércores depositou as chaves do Pazo de Meirás no Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, para a súa entrega ao Estado, non negou a "importantísima significación cultural" de Pardo Bazán, pero si que a súa figura sexa destacada como patrimonio galego.

Así, e tras asegurar que a escritora morreu en Madrid tras marcharse de Galicia "aos 16 anos", Franco pediu ao Executivo que conte "a verdade". "E é que ao seu fillo e ao seu neto matáronos despois de torturarlos nunha checa en Madrid. Aquí cóntase só o que se quere", sostivo.

"Entregarllo ao mesmo goberno da Fronte Popular que foi o que asasinou a estas persoas exponnos un dilema moral. Esa biblioteca doarémoslla a quen garda o espírito da doazón, pola que se lle fixo ao meu avó. Darllo ao Goberno non o imos a facer", deixou claro.

Por último, o neto do ditador comprometeuse a entregar ao Estado calquera documento ou carta que puidese aparecer no pazo e que non pertencese á familia Franco. "Non hai ningunha dúbida de que se houbese algunha cousa que fose patrimonio público entregaríase", afirmou.

Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CastelaoPaSogama

O Señor de Meirás, que por certo o seguirá a ser aínda que lle saquen o título porque xa non existe o delito de usurpación de títulos nobiliarios, digo que Señor de Meirás, non minte. Tanto o fillo como o neto da Pardo Bazán foron asasinados en Madrid polos da Fronte Popular. E a biblioteca é súa. Se consultades a sentenza alí aparece parte da escritura de 1938 que reviviu a xuiza, e nela se vende o Pazo á Xunta ProPazo, pero a viuva e nai dos asasinados di que vende o pazo, pero se reserva tres tapices e mais a biblioteca, porque esta a doa puramente ao Excmo. Sr. D. Francisco Franco Baamonde. A biblioteca é dos Franco.