A plataforma de Gloria Lago volve acusar a Feijóo de "prohibir" e "discriminar" o castelán

Un concurso exclusivamente en galego vén de desatar as críticas de Hablamos Español, que anuncia que recorrerá á Valedora do Pobo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo episodio de denuncia por parte de Hablamos Español, a plataforma comandada por Gloria Lago, contra o goberno de Núñez Feijóo e a súa política lingüística. As críticas da tamén líder de Galicia Bilingüe veñen de xudir a raíz da publicación das bases dos premios A Xuventude crea. A ollos da plataforma, o certame incide na "discriminación", "un ano máis", daquelas "persoas que teñen como lingua habitual o español". 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. Xunta de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. Xunta de Galicia

O concurso en cuestión, aberto a idades de entre 18 e 30 anos, pretende premiar a creatividade en obras de soportes diversos, dende cómic a videoxogos pasando pola cociña, a danza, o deseño de xoias, a fotografía ou o grafiti, á parte de todas as expresións literarias. A denuncia de Hablamos Español chega porque, segundo a asociación, "nas bases específicase que en todas as modalidades nas que se necesita o uso de linguaxe escrita, está prohibido o español".

A asociación continúa con esta demanda nos termos seguintes: "Si les ha extrañado que se incluya el área de cocina en la prohibición, les informamos que en las bases se advierte que será así porque habrá escribir una receta y habrá de hacerse en gallego, y en la modalidad de grafiti también se aclara que si el dibujo añade texto no puede estar en español". Dende a plataforma critican que o premio, dotado con varios miles de euros para cada especialidade, non conte cunha contrapartida para artistas en castelán.

"DISCRIMINACIÓN"

A "presidente" da asociación cargou tamén persoalmente contra o concurso: “Mutilar la creación en español es privar a las personas que lo tienen como su lengua, de una herramienta valiosa a la hora de crear. Esto no es promoción de un idioma, es discriminación. E anuncia que acoderá á Valedora do pobo ante a falta de resposta da Xunta: “Hemos solicitado de forma reiterada a la Xunta que cese en este tipo de prácticas, pero no lo hemos conseguido. Apelamos a usted como defensora de todos los gallegos, sea cual sea su lengua”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

2 Amancio

O galego está imposto porque o concello de Chandexa de Queixa non ten web municipal en castelán. Gravísimo. Do artigo 3 da Constitución española que nos impón o castelán e a obriga de o coñecer non se coñece pronunciamento de "Hablamos Español". Teñen prevista algunha campaña?

1 nostrus

Recuerda que fue aprobada en referendum por el pueblo español y en la que además se reconoce la oficialidad de las demás lenguas españolas a pesar de que antes no lo eran y non nos hicieron una pregunta especial a este respecto. Sobre el deber de conocer el español es a causa de la realidad lingüistica social y no a ninguna tonteria maniática identitaria. La Constitucion Española dice lo que el pueblo en su conjunto quiso que dijera.

2 Amancio

Caro amigo nostrus, infelizmente lamento comunicarche que, a diferenza doutras partes de España como Asturias, Cataluña ou Madrid; a Constitución española nunca foi aprobada en Galicia. Tampouco o foi o Estatuto de Autonomía. Por outra parte, é obvio que en 1978 a realidade lingüística social era que a lingua galega era a maioritária. Ben sabemos que engoles con gusto a propaganda estatal, mais deberías esforzarte un pouquiño por superares as limitacións mentais que te autoimpón o provincianismo e refletir un pouco no que che digo porque, infelizmente para ti, non moras en Madrid.

3 nostrus

Amancio A Constitucion foi aprobada polo conxunto do pobo no 78 e non se precisa que fose aprobada por absolutamente todos os cidadans, abonda con que fose aprobada pola maioria. Según o teu argumento calquera que houbera votado NON, estaría eximido de cumplila,pero non é así. Non sei que tipo de demócrata es ti si a maioria do pobo quere unha lei e ti non queres cumplila. Tes todo o direito do mundo a que o galego sexa a túa relixión e mesmo lle podes rezar, pero non tes direito a obligar a que os demais fagamos o mesmo.

4 Amancio

Caro amigo nostrus, continúas a proxectar. Aquí o único parecido a un sentimento relixioso é o que ti tes pola Constitución Española de 1978. Falas dela que parece ser a verdade revelada de Deus e non unha politicallada e un arranxo para sair dunha situación delicada. Felizmente para todos nós o pobo galego ignorou a Constitución española do 78, tanto foi así que en Ourense máis do 60% non apareceu á hora de votar. A maioria do censo galego de 1978 non votou a Constitución, os datos están aí. Dalles unha ollada, polo teu ben.

5 nostrus

Non Amancio, para min a Constitucion é sagrada só hasta onde o pobo queira e si o pobo decide trocala non lle ten que pedir permiso a ninguén, pero mentras non o faga é porque lle vale a que hai vixente. Dame que ti consideras que a Constitucion só será válida si che gusta a ti, pero non é así porque sinon terías que facela ti solo.

1 José

Gloria Lago tamén debeu provar o metílico de seu pai, ten síntomas de cegueira

1 nostrus

Gloria Lago es una mujer muy valiente y la organizacion en la que milita tiene una causa muy honesta, a diferencia de otras organizaciones. Hablamos Español solo defiende el derecho a hablar español (tambien otras lenguas) sin ningún tipo de complejo, mientras que otras organizaciones parafascistas como A Mesa pretenden aumentar el número de hablantes de gallego, con lo que alguna persona que no desee hablarlo tendrá que hacerlo y solo para que los intolerantes disfruten y le salgan las cuentas. Para aumentar el número de hablantes de gallego alguien que no desee hablarlo tendrá que hacerlo, para aumentar el número de fieles católicos alguien que no lo sea tendrá que pasar a serlo, para aumentar el número de homosexuales alguien que no lo sea tendría que serlo.

2 seixocici

Nostrus, pero a algún --despois de experimentar-- igual lle presta! Tés medo a gozar? Ou estás en contra do goce dos demáis? Como sabes que non che vai sentar ben cando ti mesmo e os da túa estirpe sodes produto e resultado da imposición! E de baixar as calzas na milicia e no confesionario! LibertaZ para someter as colonias, verdade colonizado? E para tildar de fascistas aos que vos combaten, cando ti, Gloria Metílico Lago e os medios que vos deixan espallar odio, sodes os verdadeiros demócratas! LibertaZ, berran os sen máscara, para contaxiar! A vosa LibertaZ é noxo e medo!

3 nostrus

Pero nese caso es ti o fai o que pretendes combatir, es ti quen pretende colonizar e evanxelizar innecesariamente e es ti quen reclama que os demais baixemos as calzas e claudiquemos as vosas imposicions innecesarias, porque es ti quen pretende que non usemos a lingua que nos dea a gaña e que nos sometamos ao voso credo. Tedes a partida perdida porque só conseguiredes manipular e impoñer o voso criterio aos que se deixen, porque o rstofaremos o que nos dea a gaña. Tratades de impoñer o galego non polas suas ventaxas e bondades, sinón polas vosas pallas mentais e alucinacions identitarias maniáticas.

4 Costrus

Acaso a longa história de imposición do nacionalismo español e das túas "pallas mentais e alucinacions identitarias maniáticas" é recomendable ou máis sana? Desde que os fascistas revirades o discurso non facedes outra cousa que delatar os. Estades a evidenciar as vosas manías persecutorias: a imposición do idioma, o ultracatolicismo oficial e a negación da diversidade sexual é a vosa obra. Un pack de estilo inconfundible ofrecido desde o teu supremacismo españolista por séculos. Entendo que andes doente xunto cos teus camaradas: coa momia fóra da pirámide, retirados os esbirros do disfrute do pazo roubado, coa monarquía completa ao desnudo, rindo nos médios do mundo do réxime taparrabos, da xustiza tutelada pola caspa e dos militares franquistas chamando ao golpe... Xa vai sendo hora de destapar e queimar o lixo escondido por corenta anos e que non serve para reciclar na democracia!

5 nostrus

Costrus, yo no tengo culpa de tu creencia en fantasmas, ovnis o brujeria. Prueba internádote una temporada en un templo budista dedicandote a la meditacion. En un territorio existe la/s lengua/s oficial/es que obedecen a la realidad lingüistica social de ese territorio y no al origen de las lenguas ni a cualquier trapallada identitaria. En un territorio existe una moneda oficial, hora oficial, lengua oficial ctr y tales términos no obedecen a ningún tipo de fe, ni mania persecutoria identitaria. Si el español no es tu lengua no lo uses y el dia que lo hagas paga a sus propietarios por usar algo que no es tuyo

6 seixocici

A túa cabeza está bloqueada polo imperio fracasado ou es moi curto. Hai territorios con VARIAS línguas oficiais (até sen unha superior), distintos horários, usan diferentes moedas... Chámase pluralidade, recoñecemento e respeito polo diferente (os fascistas, pola contra, pretenden uniformar, arrasar e eliminar a variedade, aniquilando o disidente). Rematando, como para ti o galego non é español, coincidimos en que o mellor é comezar por pagar a autoestrada para ir a Madrid e por falarlles en castelán aos teus filllos e netos que nos sirvan un café ou nos limpem as botas (pois de trolles non van sacar moito considerando as habilidades do proxenitor). Aburiño.

7 nostrus

seixocici, O galego para min é "un" idioma español, pero "o" idioma español é o castelan. Agora respóndeme ti ¿o castelan é ou no é un idioma de Galicia?...non reo que saibas responderme. O voso non é respetar a diversidade e a pluralidade (que si e o meu) o voso é a confusión, o liala e o absurdo; que haxa a maior cantidade posible de moedas, de modos de medir, que os electrodomésticos de Galicia que funcionen a unha corriente diferente e que teñan un enchufe diferente ao resto, adelantar polo arcen para ser distintos e os sinais de tráfico que sexan propios e únicos. E todo só polo afán identitario, maniático e fanático, inda que a xente lle ocasione problemas, todo o contrario do progresismo.

8 nostrus

seixocici, contiúo diciéndote que los fascistas son los que no respetan los derechos de los demás, los que pretenden que los demás comulguen con sus manías y paranoias, los que no respetan la realidad y la diversidad, o sea, los que no aceptan el bilingúismo, el intercambio cultural o el mestizaje, los que pretenden construir una sociedad solo acorde con sus fantasías sin contar con los demás. Desde tu madriguera no deberías dar lecciones de democracia.