Convenio entre Deputación e Concello de Pontevedra de 1,6 millóns para a construción dun campo de fútbol

No campo das infraestruturas viarias e equipamentos, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, aludiu ao financiamento provincial das obras da Rolda Este, o novo acceso a Monte Porreiro (en execución), o novo Centro Social de Os Campos (en execución) ou a mellora de estradas municipais, entre outras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

A Deputación e o Concello de Pontevedra subscriben un convenio polo que a institución provincial achegará máis de 1,6 millóns de euros para a construción dun campo de fútbol e as instalacións de lecer vinculadas ao goce dos montes de Salcedo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron este xoves o acordo nun acto no que o rexedor destacou a "aposta decidida" pola recuperación de espazos forestais degradados e a promoción do lecer e os usos sustentables do monte.

Pola súa banda, Carmela Silva, puxo en valor os preto de 14 millóns de euros achegados ao Goberno local desde o ano 2015. "Investir nesta cidade é investir na provincia, porque moitas persoas de todos os concellos, e particularmente as da comarca, gozan e sérvense destas obras".

Todo iso, insistiu, permitiu impulsar "actuacións moi relevantes" como a construción dos campos de fútbol das parroquias de Cerponzóns, Santa María de Xeve, Campañó e Ponche Sampaio antes de comprometerse co de Salcedo.

A maiores, financiáronse grandes eventos deportivos como o MultiSport Tríatlon 2019, o Mundial de Balonmán Junior 2019 ou o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón 2016.

Neste sentido felicitou ao alcalde por situar á cidade neste "mercado" e comentou que entre as "liñas tractoras" dos Fondos de Resiliencia e Recuperación Europeos inclúense os grandes eventos deportivos.

OUTRAS INICIATIVAS

No campo das infraestruturas viarias e equipamentos, a presidenta aludiu ao financiamento provincial das obras da Rolda Este, o novo acceso a Monte Porreiro (en execución), o novo Centro Social de Os Campos (en execución) ou a mellora de estradas municipais, entre outras.

Finalmente, Fernández Lores enxalzou a "inestimable colaboración e a lealdade da Deputación", que permite ao Goberno local "sacar adiante obras que, en por si, o Concello de Pontevedra tardaría máis en executar".

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista en Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista en Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta