Unha tese da USC investiga sobre a mortalidade infantil en UCI pediátrica e os procesos de 'fin da vida'

"Trátase de estudos novos que achegaron datos de referencia que servirán para mellorar os coidados dos nenos" declara a doutora Carmen Agra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A investigadora Carmen Agra defendeu na Facultade de Enfermaría da USC a tese doutoral 'Aspectos éticos no final da vida dos nenos: modos de falecemento e actitudes ante a adecuación de terapias', na que profunda nas maneiras en que falecen os nenos na UCI pediátricas en España, así como nas características dos pacientes nos que se realizan procesos de adecuación das terapias ao final da vida.

En concreto, Carmen Agra avaliou as actitudes dos pediatras, tanto de Atención Primaria como de Unidades de Coidados Intensivos, en relación coas tomas de decisións compartidas "en situacións que expoñen conflitos éticos", sinala. "Trátase de estudos novos que achegaron datos de referencia que servirán para mellorar os coidados dos nenos na fase final da súa vida, proceso no que o persoal de enfermaría debe xogar un papel fundamental", dixo a investigadora.

Esta tese, merecedora da cualificación de sobresaliente cum laude, está dirixida polo catedrático Antonio Rodríguez Núñez e foi realizada por compendio de publicacións científicas en revistas de impacto bibliométrico.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta