Catro atropelos nun mesmo día en Galicia

Dúas foron atropeladas en Cambre e outras dúas na Rúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Un total de catro persoas resultaron feridas en senllos atropelos rexistrados na tarde do xoves. Dous deles tiveron lugar no municipio da Rúa, mentres que os outros dous ocorreron en Cambre.

O primeiro accidente, segundo informa o 112 Galicia, produciuse sobre as 18,30 horas na Rúa, concretamente á altura do número 52 da rúa do Campo Grande. Neste suceso, dúas persoas tiveron que ser evacuadas ao centro hospitalario de referencia despois de que fosen alcanzadas por un turismo.

Ata o lugar acudiron, tras ser avisados polos xestores do 112, os servizos sanitarios do 061, os membros do GES de Valdeorras e a Policía Local da Rúa. Tamén se alertou aos bombeiros de Valdeorras e a Protección Civil do municipio.

DOUS ATROPELOS EN CAMBRE

En Cambre, tiveron lugar dous atropelos diferentes que se saldaron con dúas persoas trasladadas. Ambos sucederon no mesmo lugar, en Costa da Tapia, na parroquia de O Amorne, cunha diferenza de menos de dúas horas.

Un atropelo mortal que tivo lugar en Ourense
Un atropelo mortal que tivo lugar en Ourense | Fonte: youtube.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta