Pequena suba dos prezos en novembro en Galicia

Con todo os prezos encadean en Galicia o noveno mes consecutivo en negativo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

O índice de prezos de consumo (IPC) subiu un 0,3% en novembro en relación con outubro, pero a taxa anual encadeou o seu noveno dato en negativo consecutivo, no -0,7%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No que vai deste 2020 marcado pola crise do coronavirus, os prezos na comunidade galega acumulan un descenso do 0,6%.

No Estado, o IPC subiu un 0,2% en novembro en relación ao mes anterior e mantivo a súa taxa interanual no -0,8% debido a que o encarecemento da electricidade compensouse co descenso dos prezos dos alimentos e dos paquetes turísticos.

O organismo estatístico atribuíu a estabilidade da taxa interanual do IPC en novembro á repunta dos prezos da electricidade e do gasóleo para calefacción, fronte ao descenso que experimentaron en novembro de 2019, así como ao abaratamento dos paquetes turísticos e dos alimentos, especialmente das froitas e, en menor medida, dos legumes e hortalizas. Tamén influíu a estabilidade dos prezos do peixe e o marisco, que o ano pasado aumentaron.

IPC en Galicia en novembro de 2020. EPDATA
IPC en Galicia en novembro de 2020. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta