A Xunta establece servizos mínimos do 100% para a folga de limpeza do CHUS en áreas de risco covid

As zonas consideradas de menor risco terán un mínimo de entre o 70 e o 50% do persoal para garantir a operatividade do centro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade publicou este venres no Diario Oficial de Galicia a disposición pola que se establecen os servizos mínimos para a folga convocada pola CIG para o persoal de limpeza do Hospital Clínico de Santiago e do Gil Casares, que será indefinida desde o próximo 14 de decembro.

Na disposición, Sanidade fai referencia á especial sensibilidade da limpeza e a hixienización para o funcionamento seguro destes hospitais, á vez que lembra que a actual situación de pandemia sanitaria fai aínda máis necesario o proceso de esterilización para previr contaxios.

É por iso que determina que naquelas áreas máis sensibles en relación á covid-19 se manteñan uns servizos mínimos de limpeza do 100%, mentres que no resto das áreas, en función das necesidades, serán de entre o 50 e o 70%. Para os fins de semana, fíxanse o 100% dos efectivos.

En concreto, en días laborables, a Xunta establece o 100% de presenzas habituais de limpeza nas áreas de Urxencias, laboratorio e radiodiagnóstico de Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación postquirúrgica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día, diálese e unidades de hospitalización covid.

Así mesmo, as presenzas serán do 70% en áreas de radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización non covid; e do 50% nas restantes zonas.

Concentración de facultativos eventuais no CHUS /FEAs Concentración de facultativos eventuais no CHUS /FEAs
Concentración de facultativos eventuais no CHUS /FEAs Concentración de facultativos eventuais no CHUS /FEAs

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta