O BNG acusa á Xunta de copiar o banco de terras do bipartito 11 anos despois de "desmantelalo"

Olalla Rodil criticou o "sectarismo político" dos 'populares' por "atacar e desmantelar" a medida.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Xornadas de hemeroteca na política galega. O anuncio recente da Xunta de Galicia que lanzaba unha Lei de recuperación da terra agraria vén de facer saltar as alarmas no BNG. O grupo nacionalista ve unha similitude clara entre a proposta impulsada polo executivo de Núñez Feijóo e o chamado 'banco de terras', unha das medidas do Bipartido que máis ataques recibiu da man das filas populares.

Olalla Rodil, deputada electa e responsable de Educación na pasada lexislatura
Olalla Rodil, deputada electa e responsable de Educación na pasada lexislatura

Estes días a parlamentaria do BNG Olalla Rodil aproveitaba para lembrar ao executivo 'popular' como o goberno de Feijóo "atacou, mentiu e desmantelou o Banco de Terras" para agora "anuncialo como pioneiro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Con toda razón, o Banco de Terras deixárono morrer por puro sectarismo político ! Agora teríamos que ir máis alá das terras e deberamos apuntar a un Banco de Casas https://i.gal/gam25 Pero tampouco tocará desta buscar futuro para esta Terra ! Nin BNG nin PSOE nin PP