Condenada por pedir en Facebook que queimen con gasolina a persoas de raza negra

"Que lles prendan lume con gasolina, polo menos dan calor e serven para algo", escribiu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O xulgado do Penal nº1 de Ourense condenou a unha veciña do Concello do Carballiño a unha pena dun ano de prisión, xunto a unha multa de 6 meses, por instar a "prenderlles lume con gasolina" a persoas de raza negra a través do seu perfil de 'Facebook'.

A sentenza determinou que a muller instaba a "promover e fomentar o odio e a discriminación cara á raza negra" polo que foi condenada por un delito de odio. Os feitos remóntanse a marzo do 2018 cando a agora condenada empregou o seu perfil de 'Facebook' para escribir "discriminatorios e provocadores de odio e xenofobia" cara a un grupo ou colectivo, neste caso a "raza negra".

A muller publicou mensaxes como 'que lles prendan lume con gasolina, polo menos dan calor e serven para algo', 'malditos monos' e 'monos á selva', que foron denunciados ante a Garda Civil de Ourense.

As forzas de seguridade aseguran que este tipo de delitos están a vixiarse máis en redes sociais desde os últimos anos, facendo rastreos selectivos en busca de condutas atentatorias contra distintos colectivos por identidade de xénero, relixión ou de orixe étnica.

O xuízo celebrouse na mañá de xoves e tanto a acusada como o seu letrado mostráronse conformes coa cualificación xurídica e as penas solicitadas, polo que ao ditarse sentenza coa súa conformidade non cabe interposición de recurso.

En concreto, está condenada a un ano de prisión e unha multa de 6 meses con cota diaria de 3 euros e responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas.

Facebook
Facebook | Fonte: Diariochaco.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta