Ao mal tempo, bos churros

Pontevedra dá a benvida ao Nadal impulsando os negocios tradicionais e de proximidade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/12/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Churros para combater o frío e o coronavirus. Esa parece ser parte da iniciativa da Concellería de Promoción Económica de Pontevedra que impulsou a instalación dunha churrería no centro da cidade.

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Tino Fernández, Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey, inauguran unha churrería en Pontevedra en tempos de pandemia
Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Tino Fernández, Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey, inauguran unha churrería en Pontevedra en tempos de pandemia | Fonte: Concello de Pontevedra

De feito, e para amosar o seu compromiso cos negocios tradicionais e de proximidade e cun dos produtos alimenticios de máis sona durante o outono e o inverno, os concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Tino Fernández, Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey, inauguraron o posto que se instalou este venres na Praza de España da cidade do Lérez. O negocio permanecerá aberto ao público durante todo o Nadal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xose

Boa iniciativa, mais, xa que está promovido polo concello, poderian animar tamén a que estivese todo rotulado en galego. Seguro que aprendíamos todos algo sobre vocabulario. Mágoa!