Salvador Illa pide manter "a garda alta" este Nadal e a restricción da mobilidade e os contactos

O titular de Sanidade puxo en valor a estratexia europea para empezar a administras as vacinas contra o Covid-19 de maneira segura e eficaz.

Por E.P. | MADRID | 12/12/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, volveu a facer un chamamento á cidadanía para que restrinxan a mobilidade e os contactos sociais durante as datas do Nadal, e reivindicou o plan para estes días que se acordou coas Comunidades Autónomas no marco do Consello Interterritorial de Saúde.

Nunhas declaracións distribuídas polo PSOE Illa insistiu en que hai que manter "a garda alta" durante estas semanas de Nadal, a pesar do "horizonte de esperanza" debuxado polas vacinas.

Sobre este asunto, o titular de Sanidade puxo en valor a estratexia europea para empezar a administras as vacinas contra o Covid-19 de maneira segura e eficaz, e sinalou que o sistema sanitario español está preparado para dar resposta a este plan.

"Podemos dicir que estamos no principio do fin, pero hai que manter a garda alta e máis nestas datas de Nadal co plan que acordamos coas CCAA e que fai un chamamento a quedar en casa, a restrinxir a mobilidade e os contactos sociais", subliñou Illa nunha concisa declaración.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa. Jesús Hellín - Europa Press
O ministro de Sanidade, Salvador Illa. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta