Mobilizacións de Rebelión polo Clima en Compostela, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía contra a "neglixencia" climática

Estas organizacións fixeron percorridos por sedes e puntos de comercialización de diversas empresas nas cidades galegas, para denunciar a responsabilidade destas compañías ante a crise climática.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

As organizacións integradas en Rebelión polo Clima protagonizaron mobilizacións en 27 provincias do Estado para denunciar a "neglixencia climática" de Gobernos e empresas, cando se cumpren cinco anos da adopción do acordo de París.

En Galicia, varias decenas de activistas impulsaron protestas e actos en Santiago, Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía, en grupos pequenos e respectando as medidas de distanciamento e de seguridade polo contexto de pandemia.

Estas organizacións fixeron percorridos por sedes e puntos de comercialización de diversas empresas nas cidades galegas, para denunciar a responsabilidade destas compañías ante a crise climática, portando pancartas nas que se lían lemas como 'Esta empresa escaralla o planeta' ou 'Esta institución non paga as súas facturas co clima'.

Os activistas protagonizaron 'performances' e accións nas que simulaban derramar petróleo neses puntos e denunciaban o 'greenwashing' adoptado por algunhas empresas como "cortinas publicitarias" para esconder a súa "incapacidade de lograr un modelo sustentable".

Entre elas criticaron a compañías como Repsol, Coren, BBVA, CampoFrío ou Banco Santander, mentres que tamén reprocharon á Xunta de Galicia a "escasa ambición" da 'Estratexia Galega de Cambio Climático', ademais de denunciar o "escurantismo e falsas solucións" sobre os fondos de recuperación post-covid.

Protesta de Rebelión polo Clima. REBELIÓN POLO CLIMA
Protesta de Rebelión polo Clima. REBELIÓN POLO CLIMA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta