Nace o proxecto político Partido Galego, unha formación que se declara transversal e con visión europeísta

Este novo partido primará a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Galicia conta desde este sábado cun novo proxecto político. O chamado Partido Galego foi presentado este sábado en Melide, e entre os seus membros está Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia.

Ademais de Mosquera este Xesús Ares, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia.

O resto de integrantes da comisión permanente serán Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco (emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural).

Durante a presentación do proxecto, Mosquera incidiu na necesidade de impulsar un partido "en defensa" da sociedade e da lingua propia, que estea "convencido" de que se sitúa nun marco europeo e que debe "mirar á Eurorrexión".

Por iso, este novo partido debe primar a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

"Temos que estar atentos a eles, ser receptivos e ter unha capacidade de diálogo moi grande", engadiu, pero sen caer en 'apriorismos'.

Xosé Mosquera
Xosé Mosquera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 Gamela

Hai cousas que case mellor botarlles terra enriba e pouco máis // canto afán por estar sempre bautizando SIGLAS https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C...

5 Centroeuropeo

Non creo que teñan máis éxito do que os seus predecesores (PG da transición, PNG-PG, CxG), pero non sei a quen pode molestar que o intenten. Unha verdadeira nación debe ter un sistema propio de partidos, e o BNG só cobre, con sorte, a metade do espectro. Un factor diferencial sería un consecuente enxebrismo lingüístico frente ao mal chamado reintegracionismo, paradoxalmente defendido por moitos independentistas e filólogos. Reintegracionismo sería a (filoloxicamente problemática) aproximación mutua de galego e portugués cara o estado previo á súa separación; a adopción unilateral polo galego da ortografía, morfosintaxe e léxico portugueses actuais é integracionismo lusista, é dicir, trocar rexionalismo español por rexionalismo portugués. Como pode un pobo reivindicar a súa soberanía negando a súa personalidade lingüística?

1 Maica

Totalmente dacordo. Máis enxebrismo galego e menos galegos falando coma garinpeiros ou lisboetas de salón! O integracionismo portuguesista é tan nefasto coma o españolismo.

4 Bismutiño

Sempre o mesmo.

3 dZMr

En Galicia hai un nicho político que ocupar, que é o dos que defenden o galego real, non o galego do "grazas", nin as políticas de colonización portuguesa do BNG. O demás están condenado a fracasar, porque son espacios ocupados xa.

1 Lourenzo

Supoño que para ti en galego real se di silla, tenedor, cuna e planchar. Pois desfrutade do voso nicho.

2 uu1

No dia da “infâmia contra o idioma galego” que aclarem se o da “defensa da sociedade e da lingua propia” é defensa da “galtrapo” oficialista ou do idioma comum das variedades galegas e portuguesas como defendiam entre muitos outros Feijóo, Sarmiento, Murguia, Risco, Castelao ou Carvalho Calero. Porque esta é a diferença de serem os mesmos com outros nomes ou serem os que podem reivindicar e continuar com o legado do Partido Galeguista. FALEMOS GALEGO E APROVEITEMOS OS RECURSOS DISPONÍVEIS DAS VARIEDADES DO NOSSO IDIOMA