Nace o proxecto político Partido Galego, unha formación que se declara transversal e con visión europeísta

Este novo partido primará a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Galicia conta desde este sábado cun novo proxecto político. O chamado Partido Galego foi presentado este sábado en Melide, e entre os seus membros está Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia.

Ademais de Mosquera este Xesús Ares, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia.

O resto de integrantes da comisión permanente serán Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco (emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural).

Durante a presentación do proxecto, Mosquera incidiu na necesidade de impulsar un partido "en defensa" da sociedade e da lingua propia, que estea "convencido" de que se sitúa nun marco europeo e que debe "mirar á Eurorrexión".

Por iso, este novo partido debe primar a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

"Temos que estar atentos a eles, ser receptivos e ter unha capacidade de diálogo moi grande", engadiu, pero sen caer en 'apriorismos'.

Xosé Mosquera
Xosé Mosquera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

1 Alienao

Outros que non caben no BNG