Piden dous anos de cárcere para un home acusado de abusos sexuais continuados á filla da súa parella

O escrito recolle que o acusado procedeu ao ingreso da cantidade de 3.000 euros na conta do xulgado, en concepto de reparación do dano causado e ratifica que os feitos descritos son constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2020 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Un home acusado dun delito continuado de abusos sexuais á filla da súa compañeira sentimental, menor de idade, enfróntase a unha petición de dous anos de prisión. A causa procede do Xulgado de Instrución número 1 de Ribadavia e o xuízo terá lugar na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense este mércores 16 de decembro.

Segundo relata o escrito de acusación, a vítima, menor de idade era filla da parella do acusado. En réxime de custodia compartida, Fiscalía apunta que nos períodos nos que a menor convivía coa súa nai no domicilio estaba tamén o acusado, que era a súa parella.

Concreta que, desde o ano 2014 ata xullo de 2017, o acusado, cando se atopaba a soas coa menor, con ánimo libidinoso, realizoulle tocamentos. Coa mesma intención, sostén que "en numerosas ocasións", durante a noite, mentres a menor durmía, "entraba no seu dormitorio e a tocaba, ata que a nena espertaba e botábao da habitación".

No 8 e o 17 de xullo de 2017, relata que a menor se atopaba coa súa nai e o acusado de vacacións fóra, e este, "aproveitando que durmían na mesma habitación, pola noite,tocáballe as nádegas e as costas á menor".

Do mesmo xeito, describe que, na madrugada do 21 de xullo de 2017, estando xa no domicilio familiar, o acusado entrou no dormitorio da menor, espertándose esta a o notar o contacto da súa man nas costas. Horas máis tarde, o acusado regresou á habitación, nesta ocasión espido, pero a menor gritou e o acusado marchou.

Segundo o relato do escrito, o acusado, sobre as 7,00 horas dese mesmo 21 de xullo de 2017, coa mesma intención, enviou desde o seu teléfono ao da menor dous vídeos cun contido pornográfico explícito. Igualmente, apúntase que non era a primeira vez que ocorrían feitos similares, xa que nunha data indeterminada do ano anterior enviáralle máis mensaxes de contido similar.

PETICIÓN DE PENA

O escrito recolle que o acusado procedeu ao ingreso da cantidade de 3.000 euros na conta do xulgado, en concepto de reparación do dano causado e ratifica que os feitos descritos son constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais.

Coa circunstancia atenuante de reparación de dano, pídese para o acusado a pena de dous anos de prisión, con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a condena. Tamén se pide prohibirlle aproximarse á menor a unha distancia inferior a 500 metros durante catro anos, do seu domicilio ou calquera lugar no que estas se atope, así como de comunicarse con ela por calquera medio.

Audiencia provincial de Ourense.
Audiencia provincial de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta