A guitarra na Galiza

En datas recentes leu a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago a profesora e concertista do Conservatorio de Compostela Isabel Rei Samartín. Tese importante para o mudo da música, pois, aínda sen coñecela con fondura, sei que ten un obxectivo fundamental: dar a coñecer a musica Galega que foi composta para iste popular e fermoso instrumento e amosar o seu víncolo coa música tradicional desta terra.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 13/12/2020

Comparte esta noticia
Coñecía  a realización da tese   e  dalgunhas das pescudas que esta estradense  levaba a cabo para facer un traballo tan importante.  Pois neste eido  das seis cordas  é o primeiro estudo  coñecido nesta terra  e, seguro que aportará datos e autores que lle darán un xiro ó repertorio deste instrumento  tan universal.
 
Nas conversas que tiven coa autora,  viñéronme  á memoria os tempos nos que estudaba guitarra no conservatorio e as programacións que alí se impartían. Programacións que, en case todos os instrumentos,  cecais por non ter material ou outras razóns que descoñezo, baseábase exclusivamente en estudar pezas de compositores de todo o mundo, coa excepción de incorporar alomenos algún da nosa terra.
 
Xa no eido da guitarra  só se estudaban pezas de  compositores  clásicos, ainda que moitas destas obras  eran transcripcións ou adaptacións, pois naceran para outros instumentos alleos ás seis cordas.  Non había ningunha referencia á música que para calquer isntrumento nacera ou tivera un enraizamento coa nosa cultura. Isto que pode parecer unha cousa pouco importante ten o seu aquel. Pois se  en todos os países  europeos a música tradicional sempre foi a base da música culta e das grandes obras que  a partires dela naceron, neste noso ise principio non rixe nunha pequena parte.
 
Desta maneira  coñéciamos o xenio de Bach, a traverso das súas adaptacións e transcripcións ben para clave ou laude, as obras de  Fernado Sor, Heitor Villalobos e compositores españois que  escribiran para piano e tamén foron transcritos e edaptados pra Guitarra.  Mais descoñeciamos as pezas de J. Parga Bahamonde, músico do Ferrol, ou as composicións do arquivo de Marcial Valladares, etc. Da música galega soamente coñecíamos a Suite compostelana do catalán Federico Mompou e algunha peza máis todas para os cursos finais da graduación. Como desto xa  hai uns cantos anos, descoñezo se agora nos cursos iniciais,  alomenos se ensinan pezas que amosan a música galega   que arrinca  da tradicional. Sei dalgúns casos pero creo que son aínda  moi illados. Mais creo que todo sigue igual, ainda que hai obras que se editaron que son moi interesantes.
 
Por iso entendo da importancia deste traballo que abarca un estudo riguroso dende o século XII co coñecemento dos cordófonos ate o seculo  XIX. Estudo que  saca á luz moitas composicións e autores, algún de Ourense e que marcará un antes e un despois na música e  abrirá un novo  camiño nas escolas e concervatorios do pais. En fin, noraboa para a autora por esta aportación importante que lle dá á  musica nacida  en Galicia un pulo tan necesario para o seu futuro. 

Javier Gómez Noya tocando a guitarra
Javier Gómez Noya tocando a guitarra | Fonte: Diario del triatlón
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com