O PSdeG esixe desculpas ao conselleiro Jose González por "insinuar" que hai funcionarios que cobran por trámites

Desde o PSdeG declaran que "moitos cidadáns" están con dificultades para realizar esta solicitude burocrática porque "non teñen acceso a Internet ou carecen da capacidade técnica necesaria" para empregar a vía telemática.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2020 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O PSdeG demanda ao conselleiro do Medio Rural, José González, que se desculpe de forma pública por "insinuar" na súa conta de Twitter "que existían funcionarios que cobraban" pola realización dos trámites para solicitar corta de madeira.

Nun comunicado emitido este domingo, o deputado socialista Martín Seco censura as palabras do conselleiro que, di, provocaron "a indignación maiúscula de moitos integrantes do colectivo".

Por iso, demandou ao responsable autonómico que emita as súas desculpas de forma pública e que esta vaia acompañada de "unha rectificación para que o sistema de solicitude poida realizarse tamén presencialmente".

E é que, segundo resaltou Seco, "moitos cidadáns" están con dificultades para realizar esta solicitude burocrática porque "non teñen acceso a Internet ou carecen da capacidade técnica necesaria" para empregar a vía telemática.

En resumo, Martín Seco remarca que as declaracións de González foron "moi graves e inaceptables" para proceder dun titular dunha consellería. "A honorabilidade dos traballadores públicos non se pode pór en cuestión sen achegar probas", remarcou.

José González.
José González.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Pois eu non debo ser todo o mundo, porque non coñezo casos. ¿ En qué concellos ?^Porque é moi doado decir que " todo el mundo sabe". Pois nada, se so sabe todo o mundo, que mo digan, e que o denuncien.

1 Riolo

No sabemos en la corta de la madera, pero todo el mundo sabe de ciertos concellos donde si se quiere la correspondiente licencia hay que encargar la tramitación a determinados parientes de funcionarios. Como si tampoco se supiera como se arregla el problema de la lista de espera para una operación.