Unha campaña denuncia a ausencia de mulleres artistas nos contidos de Arte en Bacharelato

A iniciativa, impulsada por unha historiadora da arte, xa conseguiu máis de 5.000 firmas en Change.org e un gran apoio en redes sociais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

A desigualdade de xénero cóase ata nos currículos das materias. A historiadora da arte e divulgadora cultural Miriam Varela vén de impulsar unha campaña en change.org para incluír artistas femininas na formación de Arte en Bacharelato logo de comprobar que non existe ningunha muller no currículo  desas materias. 

Mulleres artistas ausentes no currículo de Artes en Bacharelato
Mulleres artistas ausentes no currículo de Artes en Bacharelato | Fonte: remitida

"Oficialmente as mulleres estamos apartadas do discurso artístico", denuncia. "Cun currículo xa de por si apertado, as profesoras e profesores interesados en ensinar estoutra metade da Historia da arte teñen que facer verdadeiros malabarismos temporais para poder sacar á luz estas autoras que están excluídas dos contidos oficiais de obrigatorio coñecemento para superar a materia". A iniciativa, que leva pouco tempo en marcha, vai xa camiño das 6.000 firmas e está tendo unha gran acollida nas redes sociais. 

A contratempo e a contracorrente, a 'artista esquecida', como así se fai chamar Varela en Instagram, recupera nas súas aulas nomes de mulleres que quedaron enterradas nos libros de arte mediante a divulgación sobre o seu traballo e para "desempoar" os seus nomes. "Hoxe en día sabemos que as mulleres pintaban nas cavernas. Coñecemos pintoras da Antiga Grecia. Sabemos que traballaban na construción das catedrais. Existiron grandes 'xenios' do Renacemento como Sofonisba Anguissola ou Lavinia Fontana que do mesmo xeito que Leonardo dá Vinci ou Miguel Ángel influíron nos artistas posteriores", relata.

 

Non ensinar o labor destas mulleres ás novas xeracións é deixar muda unha parte importante da nosa historia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta