O acusado de abusar sexualmente dunha menor de 14 anos en 2015 declárase inocente e di que non sabía a súa idade

O home, que tiña 45 anos cando sucederon os feitos, declara que tiña un "plan de futuro" coa nova, que tiña 14 anos naquel momento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O acusado de abusar sexualmente dunha menor de forma continuada no ano 2015 declarouse inocente no xuízo celebrado na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña. Asegurou, a preguntas da fiscal, que "nunca se falou" da idade e que, por tanto, descoñecíaa.

Xulgado
Xulgado | Fonte: Europa Press.

Está acusado dun delito de abuso sexual para o que a fiscal pide 12 anos de cárcere e a acusación particular, 15. A vítima é a filla da que foi a súa parella. A menor tiña 14 anos cando sucederon os feitos.

Segundo a súa versión, meses máis tarde de iniciar a relación foi cando a nai descubriu mensaxes entre ambos os dous e díxolle a súa idade.

A pesar de defender na súa declaración que cría que a idade mínima para ter "sexo consentido" eran 13 anos, sostivo que "non mantivera relacións con ela". Iso si, defende que ambos tiñan unha "relación amorosa" e que había "un plan de futuro". "Tiña intención de irse" da súa casa, explicou o home, que tiña 45 anos naquel momento.

Durante o interrogatorio, a fiscal leu algunhas mensaxes entre ambos os dous con expresións de amor e nos que había mencións a relacións sexuais. Segundo o home, cando ela fala da "primeira vez" refírese a que el foi "o seu primeiro amor".

RELACIÓN COA NAI

O home declarou, a preguntas da fiscal, que coñeceu a nai da vítima porque era cliente dun bar da súa propiedade, mentres el tiña nese momento outra parella. "Empezou unha relación de amizade, íntima, e despois foi a máis", relatou. Confirma que chegaron a convivir na mesma casa, tamén coa vítima.

O escrito de acusación explica que os feitos se remontan a 2015 cando o home foi gañando a confianza da menor e díxolle que estaba namorado dela, segundo fiscalía.

En novembro dese ano, levouna a un piso da súa propiedade onde mantiveron relacións de índole sexual que se mantiveron ata un ano despois, recolle o escrito do Ministerio Público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta