A pandemia fixo caer a chegada de peregrinos a Santiago un 80%

Redúcese a diversidade dos camiñantes, mentres perden peso as motivacións relixiosas, segundo un estudo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

Unha investigación sobre a afectación do coronavirus ao Camiño de Santiago conclúe que "non aparece un novo perfil de peregrino", senón que os camiñantes deste ano correspóndense cos que se atopan no ámbito "lúdico". Así figura na investigación coordinada por Dolores Riveiro, que analiza o perfil do peregrino. É unha das dúas do Grupo de Análise e Modelización Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), financiadas no marco da Cátedra do Camiño.

Peregrinos saen dun establecemento con elementos do Camiño á venda na localidade de Sarria
Peregrinos saen dun establecemento con elementos do Camiño á venda na localidade de Sarria | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Deste xeito, redúcese a diversidade dos camiñantes, mentres perden peso as motivacións relixiosas. Hai un maior presencia de homes que de mulleres.

Na investigación liderada por Roberto Bande Ramudo conclúese que hai un impacto "moderado" na capacidade de carga turística do sector vinculado á Ruta Xacobea.

Así, obsérvase unha caída acusada na demanda, "moito maior que a redución na capacidade de carga turística". O feito é que nalgún dos últimos meses como xullo e novembro a caída de chegada de camiñantes respecto doutros anos superou o 80%, mentres en setembro alcanzou o 78% de descenso e en agosto o 68%.

"O cálculo de índices de demanda (número de peregrinos/prazas ofertadas) permitiu comprobar que a caída na demanda foi tan forte que non se xeraron presións sobre a oferta de aloxamento. De feito, parece razoable supor que esta non fixo senón axustarse á demanda existente, o que explicaría o peche temporal de moitos dos establecementos situados ao longo do Camiño", indica Bande Ramudo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Courelois

Pero a Xacoxunta del noroeste paga a festa. Xacomamoneo pra todos.