Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 20:00
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reivindicou este luns o traballo realizado por Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no impulso das artes plásticas, un papel que se verá reforzado nos orzamentos da Xunta para o ano 2021.
Así o trasladou durante a súa participación na reunión do Consello Asesor do CGAC, onde lembrou que esta entidade verá duplicado o seu orzamento para a adquisición de obras de arte como medida de apoio ao sector.
Rodríguez instou a "seguir dando continuidade" á liña de traballo dos últimos meses para "dinamizar os sectores vinculados á cultura".
As contas incluirán, ademais, unha partida específica para a elaboración dos proxectos das futuras sedes do CGAC nos concellos de Vigo e Lugo.
Doutra banda, destacou a nova colección do 'CGAC-Xacobeo', coa adquisición este ano de 24 obras de arte contemporánea de 20 artistas galegos e que nace co obxectivo de "fortalecer o vínculo" deste centro e o Ano Santo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.