Volven barricas e cortes de estrada na segunda xornada de folga en Siemens Gamesas As Somozas

Goberno, Xunta, empresa e sindicatos manteñen unha reunión este martes en Madrid

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 15/12/2020 | Actualizada ás 09:49

Comparte esta noticia

As barricadas e os cortes de estrada volveron aos accesos do polígono industrial das Somozas este martes, segundo día consecutivo da folga de 48 horas que levan a cabo os traballadores de Siemens Gamesa, que denuncian a falta de pedidos neste centro dedicado á fabricación de pas para aeroxerador.

Desde as 6,00 horas da mañá deste martes varias decenas de traballadores repartíronse polas entradas ao asentamento industrial, onde apareceron pneumáticos e outros obxectos ardendo, impedindo o paso de vehículos.

Os traballadores teñen postas moitas das súas esperanzas laborais no encontro que se celebra este martes en Madrid. En concreto, está prevista a presenza de responsables dos ministerios de Transición Ecolóxica e Industria, da Xunta, da propia empresa e de representantes sindicais.

Neste encontro, abordarán a actual situación de falta de carga de traballo e cales poden ser os escenarios expostos pola multinacional, que, a pesar de non ter asinados novos contratos, sempre mantivo que existe interese por algúns dos clientes por materializar proxectos, pero que non existen pedidos en firme.

Barricadas dos traballadores de Siemens Gamesa na entrada do polígono das Somozas (A Coruña). CEDIDA POLOS TRABALLADORES
Barricadas dos traballadores de Siemens Gamesa na entrada do polígono das Somozas (A Coruña). CEDIDA POLOS TRABALLADORES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta