O delegado do Goberno agarda "consenso" sobre os usos do pazo de Meirás

Este martes constitúese a comisión técnica que definirá o futuro do inmoble.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mostrouse confiado en que entre as distintas administracións implicadas haxa "consenso" e se alcance "un acordo" para definir os usos do pazo de Meirás. Así se pronunciou, a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza na visita ás obras do novo enlance do Solymar, en Perillo (Oleiros).

Sobre o encontro que mantivo co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, previo á constitución esta tarde da comisión técnica que definirá os usos do inmoble, dixo que lle trasladou como están "os intereses dos diferentes sectores en Galicia" en relación a esta cuestión.

Tamén lembrou que, no marco da rolda de reunións que manterá Martínez, estará un encontro con investigadores e expertos académicos, "asesores das diferentes institucións", dixo en referencia ao proceso para a recuperación do pazo de Meirás.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press / Europa Press
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press / Europa Press

OBRAS DE SOLYMAR

Estas declaracións fíxoas o delegado do Goberno en Galicia no acto no que supervisou o inicio das obras do cruzamento de Solymar, en Perillo, no municipio coruñés de Oleiros, que reivindicou como unha actuación "fundamental" de face á futura ampliación da ponte da Pasaxe.

No acto, destacou tamén os investimentos do Ministerio de Transportes en infraestruturas viarias en Galicia, ás que destinou 71 millóns de euros este ano, dos que 16 millóns foron na provincia da Coruña.  O delegado do Goberno puxo de relevo que máis da metade do investimento destinado a estradas en Galicia este ano dedicouse a tarefas de conservación e mellora das infraestruturas.

Sobre a nova ligazón de Solymar, Javier Losada indicou que "foi obxectivo principal e tema prioritario para o alcalde e para o Goberno de España, pola necesidade de mellorar a seguridade viaria e pola capacidade deste importante nó polo que transitan diariamente 50.000 vehículos".

COMPENSACIÓNS A MARISCADORES DO BURGO

Noutra orde de cousas, o delegado do Goberno en Galicia manifestou que é a Xunta a administración "competente" en relación coas compensacións que deberán abonarse aos mariscadores da ría do Burgo polo tempo que permanezan sen actividade cando comecen as obras de dragado. "O acordo cos mariscadores é unha cuestión que ten que dilucidar a Xunta, competente en marisqueo en augas interiores", sinalou a preguntas dos xornalistas.

Por outra banda, en canto ao comezo das obras, dixo que por parte do Goberno o "compromiso" é que comecen o próximo ano. Tamén reivindicou a actuación do Executivo central a este respecto. "O Goberno atopouno nun caixón", engadiu sobre o proxecto. Ademais, argumentou que tivo que "pelexar para que a Xunta fixese o traballo que tiña que facer". "E logo --recalcou sobre o Executivo central-- puxo en marcha todo o sistema de licitación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta