A Consellería de Sanidade admite que existe unha "lixeira tendencia ao ascenso" de casos en Galicia

Esta tarde analizaranse de forma "detallada" todos os indicadores para, se así o aconsellan os expertos, tomar unha decisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade recoñece que nos últimos días se rexistrou unha "lixeira" tendencia ascendente do coronavirus en Galicia, unha situación que analizará esta tarde o comité clínico de expertos na súa reunión semanal.

Así o indicou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, que, no entanto, descartou teorizar sobre a posibilidade de incrementar as restricións ou polas de novo en lugares como Santiago ou Ourense, onde os casos volven superar a centena por 100.000 habitantes tras a apertura do peche perimetral do día 4.

En concreto, Carmen Durán falou dunha "nova lixeira tendencia ao ascenso" dos casos en Galicia, aínda que precisou que os expertos toman as súas decisións en base a multitude de indicadores e non só á cifra de casos activos.

Esta tarde, explicou, analizaranse de forma "detallada" todos estes indicadores para, se así o aconsellan os expertos, tomar algunha decisión.

Proba PCR.. XUNTA DE ANDALUCÍA
Proba PCR.. XUNTA DE ANDALUCÍA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta