Temas: DVICIO

Dous viños galegos, entre os mellores do mundo

A prestixiosa revista Wine Enthusiast ven de outorgar unha altísima puntuación ás añadas de 2012 de Terras Gauda e Abadía de San Campio, dous caldos elaborados na zona pontevedresa de O Rosal.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 17/06/2013 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Bodegas Terras Gauda segue recibindo recoñecementos e premios dentro e fóra das nosas fronteiras. Wine Enthusiast, unha das revistas de viños de referencia a nivel internacional e cunha tirada de 127.000 exemplares, acaba de incluir dous viños producidos pola firma pontevedresa entre os mellores caldos do mundo: Terras Gauda 2012 e Abadía de San Campio 2012.

Número de xullo da revista Wine Enthusiast
Número de xullo da revista Wine Enthusiast

A decisión ven avalada por un xurado experto entre os que destaca o prestixioso crítico neoiorkino Michael Schachner, que no número de xullo se desfai en gabanzas cara estes dous caldos galegos. Do Terras Gauda, ao que lle da 91 puntos, destaca a "frescura e elegancia" dun "suave Albariño que declara a gritos a súa orixe costeira". "Notas mariñas, mazá e melocotón agradan a boca, mentras que o redondo pero vivo ácido paladar ofrece sabores de limón mineral, lima e mazá", engade Schachner.

En canto a Abadía de San Campio, un dos buques insignia desta bodega da comarca de O Rosal e que obtén unha nota de 90, o xornalista estadounidense considera que é un viño "ideal para o verán, lixeiro pero fresco en boca, con aromas de pera, mazá e cítrico", unha opinión que lle leva a calificar a añada de "deliciosa".

Mellores puntuacións

As puntuacións outorgadas a estes dous viños son, segundo sostén a adega pontevedresa, "as mellores obtidas ata o momento nesta publicación" e poderían darlle un novo pulo internacional a Bodegas Terras Gauda, que exporta na actualidade a máis de 50 países. A firma vitivinícola galega, de feito, logrou incluir os seus viños nalgúns dos restaurantes máis prestixiosos do mundo, como o Hakkassan de Londres, o Purple Pig de Chicago ou o Martín Berasategui de Shangai. Ademais, a comezos de 2013 a adega chegou a un acordo coa aerolínea americana Copa Airlines para incorporar o Abadía de San Campio á súa carta para a clase executiva.

O recoñecemento destes dous albariños por parte de Wine Enthusiast reafirma o momento doce que viven os caldos galegos, en pleno proceso de internacionalización e que nos últimos anos non paran de colleitar premios e eloxios por parte dalgúns dos paladares máis esixentes do mundo do viño.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eueu

aÑada? paLAdares? Este xornal adoece dun tremendo problema de descoñecemento do idioma galego, comentendo erros en todas as noticias con demasiada frecuencia. Hai que lembrarlles que existen multitude de dicionarios en liña GRATUITOS? É cuestión de pórlle un pouco de interese....