Temas: FRASEOLOXíA

“Andar o can na leña” e “andar(lle) a mosca no ubre”, máis ou menos equivalentes a "estar [algo] rondando"

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 20/12/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Dado que non aí atrás un lector nos inquiriu acerca de se coñeciamos a expresión andar o can na leña e que lle prometeramos abordala nun futuro máis ou menos próximo, imos no artigo de hoxe falar dela, pois que o prometido é debido.

Mosquito Aedes Aegypti que transmite o virus do zika
Mosquito Aedes Aegypti que transmite o virus do zika | Fonte: EP.

Trátase dunha expresión que se emprega para manifestar que de tanto que se están a dar certas condicións ou circunstancias, está cerca de se chegar a dar unha determinada situación ou de se producir algo. De igual xeito, para transmitirmos ese mesmo contido tamén podemos botar man da secuencia andar(lle) a mosca no ubre.

Descoñecemos se en castelán existe, asentada, algunha secuencia fraseolóxica que forneza esa mesma significación, inda que supoñemos que si, mais o que si podemos constatar é que en ocasións (nomeadamente, e cando menos polo que nós temos escoitado, relacionadas co mundo do fútbol) se empregan expresións do tipo de andar el cántaro en/por la fuente ou andar el cántaro merodeando la fuente (as cales resulta obvio que teñen a súa orixe na paremia tanto va el cántaro a la fuente que al final se rompe), ou estar (algo) rondando.

[Andar el cántaro en/por la fuente # merodeando la fuente] && [Estar (algo) rondando]

{= Secuencias con que se indica que unha determinada situación ou é probable que se produza ou está cerca de se producir, xa que se están a dar moitas condicións que permiten chegar a ela.}

Andar o can na leña

[E MAIS]:

Andar(lle) a mosca no ubre

Ex.: —¿Qué, ya empataron los alemanes? —No, todavía no, pero anda el cántaro en la fuente, que en esta segunda parte nos tienen acorralados en nuestra área.

—¿Que, xa empataron os alemáns? —Non, inda non, pero anda o can na leña pero ándalle a mosca no ubre, que nesta segunda parte téñennos acurralados na nosa área.

Ex.: —¿Sabes si van a confinar tu municipio por lo del coronavirus? —No, no lo sé, pero anda el cántaro por la fuente, que la situación no solo no mejora, sino que parece que empeora.

—¿Sabes se van confinar o teu concello polo do coronavirus? —Non, non cho sei, pero anda o can na leña pero ándalle a mosca no ubre, que a situación xa non é que non mellore, é que vai a peor.

Ex.: Asúmelo de una vez: tu niña ya es una mujercita y puede que no tarde mucho en echarse un novio, que el gachó ese ronda mucho tu casa.

Asúmeo dunha vez: a túa filla xa é unha mulleriña e se cadra non tarda nada en coller mozo, que anda o can na leña que anda a mosca no ubre, ¿ou non ves que o acheite ese non para de roldar a túa casa?

● Tamén, en bastantes contextos:

Andar la cosa ahí ahí

Andar/Andarlle (a cousa # o conto # o choio # a choia) darredor/de arredor && Andar/Andarlle (a cousa # o conto # o choio # a choia) darredor/de arredor, coma o can do señor && Andar/Andarlle (a cousa # o conto # o choio # a choia) aí aí

Ex.: —¿Que, xa empataron os alemáns? —Non, inda non, pero ándalle darredor pero ándalle a cousa de arredor pero ándalle darredor, coma o can do señor # pero ándalle o choio aí aí, que nesta segunda parte téñennos acurralados na nosa área.

Ex.: —¿Sabes se van confinar o teu concello polo do coronavirus? —Non, non cho sei, pero debe de andar a cousa de arredor pero anda o conto darredor, coma o can do señor # pero ándalle a choia aí aí, que a situación xa non é que non mellore, é que vai a peor.

NOTAS:

1. As secuencias andar(lle) darredor/de arredor e andar(lle) darredor/de arredor, coma o can do señor, tamén se empregan para dar a entender que alguén anda roldando algunha persoa ou dando voltas por algún sitio. Ex.:

Ex.: ¡Vamos, hombre! ¡¿De verdad que no veis que bebe los vientos por Ana, que está siempre rondándola?

¡Vaites, ho! ¡¿De certo que non vedes que bota os ollos por Ana, que lle anda sempre darredor que lle anda sempre de arredor, coma o can do señor?

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta