A San Silvestre de Pontevedra: completar case 200 km antes do 15 de xaneiro

A 'Rara, pero San Silvestre' de Pontevedra comezou este martes. Pódese facer individualmente ou en grupo, e a pé ou correndo.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/12/2020 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

Completar 195 kilómetros (300.000 pasos) antes do 15 de xaneiro. Ese é o obxectivo da 'Rara, pero San Silvestre' de Pontevedra, un evento que comezaron este martes o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e os concelleiros do Grupo Municipal do PSOE Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e os concelleiros do Grupo Municipal do PSOE Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey
O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e os concelleiros do Grupo Municipal do PSOE Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey | Fonte: PSdeG

Para esta xornada inaugural, os concelleiros socialistas optaron polo roteiro Entrepontes, un dos máis asequibles da proba, cunha lonxitude de 1.000 metros (12 minutos camiñando, tal e como establece o MetroSilvestre), entre as pontes de O Burgo e a Ponte das Correntes.

Os que queiran participar nesta San Silvestre un tanto especial teñen que facelo na web da Sociedade Ximnástica 'sgpontevedra.com' e rexistrando a actividade realizada a través desta mesma páxina ou escaneando os códigos QR instalados nas sinalizacións dos circuítos. "Temos unha proposta de 10 circuítos que suman 37 kilómetros e que se poden completar individualmente ou en familia. Máis que nunca, trátase dunha San Silvestre pensada para todo o mundo e na que os que non estamos tan en forma, como é o meu caso, tamén podemos achegar o noso grao de area e colaborar co Banco de Alimentos", sinalou o tenente de alcalde.

Aínda que as marcas son o de menos, Tino Fernández, Yoya Blanco e Iván Puentes completaron cinco voltas camiñando 'a bo ritmo' (5 kilómetros por testa), mentres que Marcos Rey fixo dez kilómetros correndo no circuíto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta