Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 12:54
Os traballadores da central térmica de Endesa e das compañías auxiliares que desenvolven o seu labor neste complexo enerxético situado nas Pontes (A Coruña) realizaron desde as 10,45 horas un corte de tráfico na autovía AG-64 (Ferrol-Vilalba) á altura do quilómetro 33.
Esta acción, segundo explicaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, ten por obxectivo "denunciar a perdida de postos de traballo nesta central térmica, onde os empregados de auxiliares van quedar sen traballo a partir de xaneiro e aos de Endesa mándanos para outro lado".
"De momento non sabemos canto tempos estaremos aquí, pero o que faga falta", sinalaron os traballadores sobre a protesta, que motivou que se desprazaron á zona varias patrullas da Garda Civil de Tráfico para sinalizar este corte e expor percorridos alternativos. Así as cousas, os traballadores inciden en que "as administracións están caladas, non din nada, e isto non é unha transición, é unha reconversión pura e dura".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.