Gonzalo Caballero pide "non relaxarse" ante a pandemia: "O risco de rebrotes ameaza todo o conseguido"

O secretario xeral do PSdeG reclamou ao goberno galego "que sexa transparente" á hora de explicar aos cidadáns e ás administracións locais os diferentes niveis de restricións.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 16/12/2020 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, fixo este mércores un chamamento á "prudencia" e á "responsabilidade" ante a evolución da pandemia de COVID, e puxo como exemplo o caso de Santiago que, tras a relaxación de medidas restritivas, volveu ao peche perimetral.

En declaracións a medios realizadas en Vigo, Caballero apuntou que a desescalada en medidas restritivas está "a provocar rebrotes e contaxios" polo que insistiu: "Non nos podemos relaxar".

O líder os socialistas galegos constatou que a segunda onda da pandemia está a afectar a toda Europa "con máis intensidade da prevista", polo que advertiu de que "todas as alertas teñen que seguir acesas". Respecto diso, puxo o exemplo de Santiago de Compostela, onde se tivo que reactivar o peche perimetral pola mala evolución dos datos e avisou: "O risco de rebrotes pon en ameaza todo o conseguido".

Por outra banda, reclamou á Xunta que tamén "marque a prudencia" nas súas decisións, que deben ser tomadas "en base aos criterios do comité clínico", e pediu ao goberno galego "que sexa transparente" á hora de explicar aos cidadáns e ás administracións locais os diferentes niveis de restricións.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, con deputados do seu partido e o concelleiro vigués Abel Losada, ás portas do Hospital Álvaro Cunqueiro.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, con deputados do seu partido e o concelleiro vigués Abel Losada, ás portas do Hospital Álvaro Cunqueiro. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta