Abanca e Afundación repartirán 16.500 menús a menores e familias desfavorecidas no Nadal

A iniciativa busca "apoiar as familias especialmente afectadas pola crise da Covid", indican nun comunicado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

Abanca e Afundación repartirán un total de 16.469 menús a escolares vulnerables e ás súas familias durante as vacacións de Nadal, entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro, no marco do seu programa social 'Cubertos'.

A iniciativa, tal e como explicou Abanca nun comunicado, é "apoiar as familias especialmente afectadas pola crise da covid-19 garantindo unha alimentación saudable durante as vacacións escolares a menores vulnerables".

'Cubertos Nadal' engloba dúas accións diferenciadas. Por unha banda, distribuiranse 10.269 comidas entre os menores --unhas 1.467 por día--, e, doutra banda, repartiranse 6.200 menús especiais dos que se beneficiarán todos os membros da familia. Estes servizos especiais entregaranse entre o 22 e o 23 de decembro e, segundo sinalou Abanca, acompañaranse dalgunha sorpresa para as crianzas máis pequenas.

Na elaboración dos menús, colaboraron solidariamente empresas do sector alimentario como Nova Pescanova, que doou parte dos produtos que se entregarán ás familias. As persoas participantes no programa de voluntariado de Abanca e Afundación serán as que se encarguen de distribuír os alimentos e menús, así como da entrega ás familias nos puntos de recollida establecidos nas localidades.

Protección Civil da Coruña reparte menús durante o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA
Protección Civil da Coruña reparte menús durante o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta