Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2020 | Actualizada ás 14:53
A Xunta de Galicia deu luz verde ao comezo dos trámites para crear un Seguro Coronavirus, ao que destinará 1,2 millóns de euros, para cubrir os gastos que os viaxeiros aloxados en establecementos turísticos de Galicia teñan que afrontar se se contaxian da covid-19 en Galicia.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o Goberno galego aprobou este xoves o inicio do expediente que culminará coa licitación do contrato para ofrecer este servizo, que estará en marcha un ano, desde finais do primeiro trimestre de 2021.
Segundo explicou Rueda, este seguro será gratuíto para os usuarios, que poderán activalo unha vez que se contaxien. Entre outros requisitos, os viaxarvos deberán estar aloxados en calquera tipo de establecemento turístico de Galicia e contaxiarse do virus no territorio galego.
Deste xeito, cubriranse custos médicos, farmacéuticos ou derivados da realización de corentenas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.