Feijóo teme que o reparto dos fondos europeos caia nun "politburó" comunista, en referencia ao Goberno central

Pablo Casado acusou a Pedro Sánchez de "covardía" e "incompetencia" por non aplicar uns criterios comúns sobre a Covid-19 ante as festas do Nadal e "papapetarse de novo" detrás das autonomía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O titular do Executivo galego e presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, esixiu ao Goberno central que os criterios de repartición dos fondos europeos os defina "un comité de expertos e non o politburó", dixo facendo un símil do Executivo co comité central do partido comunista durante a Unión Soviética.

Fíxoo xunto ao presidente do PP, Pablo Casado, no acto 'Galicia: máis investimentos, menos impostos', celebrado no Monte de San Pedro, na Coruña. Dos fondos, dixo que son "unha oportunidade histórica", pero asegurou, en referencia ao posicionamento do Goberno, que "os indicios non son esperanzadores".

"Necesitamos que se definan os criterios de repartición", insistiu nunha intervención na que arremeteu contra a xestión do Executivo, en particular en relación ao Covid-19. "O goberno máis inexperto, máis sectario e peor coaligado  posible", indicou Feijóo, quen, entre outras cuestións, criticou "o fracaso na distribución do material de protección" ao comezo da pandemia.

XESTIÓN DA PANDEMIA

Fronte a iso, opuxo as medidas impulsadas pola Xunta nos seus primeiros cen días de goberno. "Unha lei para xestionar a pandemia, a única en España", expuxo. Tamén destacou o que Galicia sexa "a terceira comunidade autónoma con menos mortalidade, só por baixo de Canarias e Baleares". "E con menor ocupación de camas Covid", afirmou sobre a situación nos hospitais.

"Fixemos máis por Galicia nos cen primeiros días que o Goberno de España en 365 días", remarcou nun discurso no que asegurado que "o goberno social-populista demostrou que é tan fiable como a máxima coa que naceu".

"Non durmiría tranquilo se tivese que gobernar con ministros de Pablo Iglesias", dixo en alusión ás palabras de Pedro Sánchez. do que manifestou que descoñece "se logrou superar o insomnio", pero mostrouse convencido de que si o teñen agora "a maioría dos españois".

"España é máis que o taboleiro de xadrez do señor Sánchez e Pablo Iglesias", insistiu nun acto coa presenza tamén do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde e os presidentes provinciais do partido.

XACOBEO E ALCOA

Os eloxios á xestión da Administración galega centraron tamén o inicio da intervención do presidente do PP, Pablo Casado, quen dixo que Feijóo e o seu equipo son "unha referencia de goberno".

Por outra banda, arremeteu contra a falta de "compromiso" con Galicia por parte do Executivo central, en particular co Xacobeo. "Nos orzamentos nin un rastro de axuda", dixo en referencia ás infraestruturas e, en particular, á Alta Velocidade.

Na súa intervención sobre os fondos europeos, tivo tamén palabras para o fallo xudicial que anula o ERE de Alcoa en San Cibrao. "Unha decisión que dá un raio de esperanza, de futuro, ante o desinterese e o abandono do Goberno de España", engadiu.

"VISIÓN DE ESTADO"

Por outra banda, neste acto o conselleiro Francisco Conde apelou a ter unha "visión de Estado" na repartición destes fondos e subliñou que Galicia está "a acordar" a asignación dos mesmos. "Non se pode perder esta oportunidade", dixo en referencia a lograr unha "Galicia máis dixital, máis sustentable e máis competitiva".

Pola súa banda, na súa intervención o presidente provincial do PP coruñés, Diego Calvo, avogou por non caer "nos debates interesados da esquerda" en relación aos fondos europeos, mentres rexeitou o "intento de secuestro" dos mesmos por parte do Goberno. Tamén arremeteu contra os grupos da oposición no Parlamento galego por pedir o que "non se atreven" a reclamar a Sánchez.

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado  e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,  durante o acto sobre fondos europeos. M. Dylan - Europa Press
O presidente do Partido Popular, Pablo Casado e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto sobre fondos europeos. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

PABLO CASADO

O líder do PP, Pablo Casado, acusou este venres ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, de "covardía" e "incompetencia" por non aplicar uns criterios comúns sobre a Covid-19 ante as festas do Nadal e "papapetarse de novo" detrás das autonomías. Tras lamentar que "unha nación unida ten 17 plans para Nadal", afeou ao Goberno que queira dar só "as boas noticias", como a chegada da vacina a España, deixando as "malas noticias" para os presidentes de CCAA.

Así se pronunciou nun acto económico sobre fondos europeos na Coruña, no que tamén participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Previamente, visitou a Ría O Burgo para esixir ao Executivo de Pedro Sánchez que cumpra "coa súa palabra" en relación con "o dragado da ría tal e como está orzado".

Na súa intervención, Casado afirmou que a Xunta de Galicia ten todo o apoio do PP nas medidas "valentes, responsables e ponderadas" que tomou contra a Covid-19 e subliñou que estes meses Feijóo "deu a cara", "foi humilde, deu as grazas e pediu perdón". "É xusto o contrario do que fai Pedro Sánchez", salientou.

Neste punto, sinalou que se está vendo que neste momento "unha nación unida ten 17 plans para o Nadal" e que o ministro de Sanidade, Salvador Illa, "aparece hoxe" para falar da vacina. "Para as boas noticias, sae o Goberno. Para as malas noticias, que os presidentes autonómicos llas ingenien", denunciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta