Convocados paros e folga na concensionaria do transporte urbano do Concello de Ourense

Por E.P. | OURENSE | 18/12/2020 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Urbanos de Ourense (Grupo Avanza) convocou paros e folga indefinida no transporte urbano do Concello.

Segundo informa CC.OO. nun comunicado, a decisión tomouse de forma unánime en asemblea de traballadores polas "dificultades e estancamento" na negociación do convenio colectivo.

Tras 10 reunións, non se chegou a acordo en temas "fundamentais" como xornada, salario e descansos, pois "a empresa pretende modificar o sistema retributivo, o que suporía unha perda salarial que pode supor os 200 euros ao mes por traballador".

Así, haberá paros de seis horas os días 28, 29 e 30 de decembro. Será de 08,00 a 10,00 horas; de 13,00 a 15,00; e de 19,00 a 21,00 horas. Nesas mesmas horas faranse tamén paradas os días 4, 5, 8, 11, 12, 13 e 14 de xaneiro.

Parada de autobús
Parada de autobús | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta