O triste final final dos centenarios galegos... morre con 104 anos pola Covid nunha residencia

Os falecidos con coronavirus en Galicia ascenden a 1.336 tras a morte de catro persoas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comunicou catro falecidos con coronavirus nas últimas horas --todas con patoloxías previas--, de forma que o total de vítimas en Galicia ascende ata 1.336. E unha destas vítimas é unha das máis lonxevas desde o inicio da epidemia de Galicia.Trátase dunha muller de 104 anos que morreu na residencia San Antonio de Beariz

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións dunha residencia
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións dunha residencia | Fonte: EP

Tamén morreu este venres unha muller de 84 falecida no Chuvi (procedía da residencia Vila do Conde de Gondomar). Pola súa banda, os outros dous óbitos son os dunha muller de 70 anos no hospital de Pontevedra, así como un home de 91 anos no CHUO de Ourense.

Estas catro defuncións son menos que as cinco notificadas o xoves. Son as mesmas que as catro do mércores e martes, pero menos que o pasado luns --sete--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta