O Colexio de Podólogos de Galicia pasa o seu gran acto anual ao online para reducir riscos

Terá lugar este sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O Colexio de Podólogos de Galicia celebra este sábado un seminario web sobre o manexo prequirúxico de pacientes nesta área e, acto seguido, a súa Asemblea Xeral correspondente ao segundo semestre de 2020. En canto ao curso, que será de 9,30 a 12,00 horas en formato telemático, estará impartido polo doutor Óscar Álvarez-Calderón e participarán de maneira gratuíta máis de medio centenar de colexiados.

En primeiro lugar, o docente contextualizará a cirurxía podolóxica, é dicir, actualizará os criterios para a solicitude de probas en cirurxía ambulatoria e a minimización de posibles eventos adversos. Ademais, sinalará aos participantes que tipo de pacientes son candidatos a cirurxía e abordará a valoración do risco anestésico.

O doutor Óscar Álvarez-Calderón tamén fará fincapé tanto na solicitude como na interpretación de parámetros na analítica sanguínea e fará un repaso dos principais fármacos antiagregantes e anticoagulantes. Así mesmo, o Colexio profesional celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria do segundo semestre do ano, de maneira telemática a partir das 12,00 do mediodía. A xunta de goberno e os asistentes votarán os orzamentos e o plan de actividades para 2021, ademais das normas xerais sobre o rexistro de peritos podólogos de Galicia.

A xornada poderá ser seguida na rede
A xornada poderá ser seguida na rede

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta