A Gardia Civil detecta un incremento do consumo de cocaína nos arredores da Coruña

O achádego levou a unha operación antidroga que vén de culminar coa detención de tres sospeitosos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a tres persoas na operación antidroga 'Zaracha' na área da Coruña como supostos compoñentes dun grupo criminal e coautores dun delito contra a saúde pública. Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, este operativo iniciouse por "o incremento detectado" do consumo de cocaína en municipios da zona periurbana da Coruña.

Tras un operativo de vixilancia, interceptouse a unha persoa coa incautación de 400 gramos de cocaína. Tras ela, detívose a outros dous individuos como compoñentes deste grupo. Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 do municipio coruñés de Ordes. O Equipo contra a Delincuencia Organizada e Antidrogas (EDOA) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Garda Civil da Coruña, en colaboración coa Unidade de Seguridade Cidadá (Usecic) levan este operativo.

Incautación de cocaína
Incautación de cocaína | Fonte: vanguardia méxico

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta