Un temporal cruzará Galicia a partir das 18:00h deste domingo

Deixará fortes ventos e choivas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Galicia estará este domingo en aviso amarelo no litoral por ondas de entre catro e cinco metros, así como fortes choivas e ventos nunha xornada de temporal. Segundo a información de Meteogalicia, espéranse a partir das 18,00 horas na provincia da Coruña choivas con precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrados en 12 horas. Ademais, prevense ventos de máis de 80 quilómetros por hora na Mariña lucense e no Noroeste da Coruña. Tamén haberá ventos de forza 7 no litoral coruñés e lucense.

Unha muller protéxese baixo o seu paraugas durante unha xornada de choiva.. María José López - Europa Press
Unha muller protéxese baixo o seu paraugas durante unha xornada de choiva.. María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta