O BNG carga contra os presupostos "fracasados" de Feijóo, deseñados "como se non houbera pandemia"

O grupo nacionalista vén de presentar unha enmeda á totalidade dos orzamentos que contemplaría 1.600 millóns máis de gasto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O BNG presentou no Parlamento galego unha emenda á totalidade aos orzamentos da Xunta para o 2021 cunha proposta alternativa que, segundo explicou a deputada Noa Presas, pretende mobilizar 1.600 millóns de euros para atender "as necesidades" derivadas da crise sanitaria do coronavirus.

En declaracións remitidas aos medios este domingo, a parlamentaria nacionalista cualificou as contas remitidas á Cámara polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo de "oportunidade perdida" e "rutineiras", xa que "se presentan coma se non existise unha pandemia". Por iso, o Bloque pretende mobilizar 1.600 millóns de euros a través dunha emenda á totalidade --que se abordará no pleno desta semana-- con tres obxectivos: "Atender ás urxencias de sectores económicos ao bordo da ruína, reforzar a sanidade pública e sentar as bases para unha economía verde baseada na ciencia e na investigación".

Ademais, Noa Presas advertiu que as contas da Xunta para 2021 serán "as únicas" expansivas da lexislatura --cuns 11.600 millóns, un 14 por cento máis que as de 2020-- e porque contarán "con fondos extraordinarios" que chegan desde o Estado e desde a Unión Europea".

Así, entre as propostas que fai o BNG para "mellorar" os orzamentos, están 250 millóns para "reforzar" a Atención Primaria, 100 millóns en axudas directas para a hostalaría e o turismo e outros 100 millóns para fomentar a contratación estable e reducir as listas de espera no Servizo Galego de Saúde.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha sesión de control no Parlamento. Xunta de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha sesión de control no Parlamento. Xunta de Galicia

FENDA DIXITAL

No ámbito social, a emenda dos nacionalistas inclúe 240 millóns para "reforzar" a educación e "acabar coa fenda dixital" nun momento en que a teledocendia "demostrou que hai alumnado que pode quedar atrás por falta de medios" e outros 40 millóns para incrementar as presións non contributivas.

"Son algunhas das propostas que imos defender no debate de orzamentos para que Galicia teña unhas contas enfocadas a paliar as consecuencias da pandemia e non imos conseguilo cunhas contas rutineiras que repiten un esquema fracasado no económico e no social, que nin blinda os servizos públicos, nin facilita a creación de emprego", resumiu Presas, de face ao debate das emendas desta semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta