Caballero acusa a Feijóo de "improvisar" a xestión da pandemia: "non fixo os deberes para Nadal"

Critica que non convocara aos Concellos á hora de preparar o dispositivo das festas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou a "improvisación" coa que, di, actúa o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na xestión da pandemia e que ten como último episodio convocar ás policías locais a poucos días de Nadal para preparar o dispositivo das festas "saltándose" aos alcaldes.

"Agora Feijóo atópase con que non ten os deberes feitos para o Nadal", denunciou Caballero en declaracións remitidas aos medios este domingo, nas que carga contra o presidente galego, ao que afea que "leve meses" sen covocar o CECOP, o órgano encargado de coordinar as accións relacionadas coa pandemia entre as distintas administracións. 

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa este luns 14 de decembro
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa este luns 14 de decembro | Fonte: Europa Press

"Feijóo ten que cumprir cos seus deberes e reunirse cos alcaldes e alcaldesas para coordinar o cumprimento das normas no Nadal", remarcou Caballero, que censurou que Feijóo "estea ausente" mentres a poboación atópase "moi preocupada" ante a evolución da pandemia nunhas datas sensibles nas que apelou á "responsabilidade" cidadá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta