GC Aberto

Xestión sen sentido

Por admin | GC ABERTO | 22/12/2020

Comparte esta noticia

Achéganse as datas de Nadal e moitos estudantes como é o meu caso queremos voltar á nosa residencia habitual. Eu estudo en Lugo e vivo en Vigo. Para que vos fagades unha idea non teño ningunha conexión directa en transporte público entre as dúas cidades, esta é unha situación que xa viviamos antes da Covid-19.  

Varios estudantes diríxense á estación de tren para regresar á súa casa durante o fin de semana, en Santiago de Compostela, Galicia (España), a 30 de outubro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varios estudantes diríxense á estación de tren para regresar á súa casa durante o fin de semana, en Santiago de Compostela, Galicia (España), a 30 de outubro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Ante esta situación considerei a idea de que o meu padre me viñese recoller a Lugo, xa que así evitaría ir nun transporte público que vai cheo de persoas descoñecidas, as cales poden contaxiarme, tendo en conta que tería que facer un transbordo e usar 2 medios de transporte diferentes. Pois ben, a resposta que recibín por parte do Goberno Autonómico foi que se teño unha posibilidade de usar transporte público que o use, porque poderían multar ao meu pai se ven recollerme.

E digo eu, nesta situación de pandemia non debería ser a prioridade frear os contaxios e evitar en todo momento aglomeracións? Estanme dicindo que é mellor que viaxe en dous transportes diferentes a que viaxe co meu pai? E o que máis me indigna, podo ir a unha cafetería con 4 amigos pero non pode vir meu pai recollerme? Dende logo que o que se está facendo na comunidade non ten ningún sentido.

Iria Bravo Fernández, estudante

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta