A Xunta non modificará o sistema actual de residencias concertadas tras o impacto da Covid

Política Social aposta por un modelo de residencias "integrador" e no que se revisará a estructura dos actuais edificios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou este luns que o novo modelo de residencias de maiores será "participativo, consensuado e integrador", e apostou por aproveitar as potencialidades da tecnoloxía, avanzar na coordinación sociosanitaria e explorar melloras estruturais e arquitectónicas nos centros. Con todo, non puxo pegas nin anunciou modificacións do actual sistema de residencias concertadas, moitas delas duramente golpeadas pola Covid.

Así o trasladou durante a súa intervención na reunión inaugural do Comité Asesor Sociosanitario, un organismo que será o encargado de marcar as liñas mestras do futuro do sector.

Fabiola García apuntou que o novo modelo de residencias de maiores necesita do punto de vista de todos os axentes implicados, desde persoal médico e enfermaría, pasando por directores e traballadores de centros non sanitarios, académicos e investigadores ou arquitectos, ata as familias dos propios usuarios.

Segundo a conselleira, o sistema debe sosterse sobre tres alicerces fundamentais: "apostar polas potencialidades da tecnoloxía e pola ao servizo da calidade de vida das persoas; explorar melloras estruturais e arquitectónicas que permitan optimizar a atención en todas as circunstancias; e o imprescindible avance na coordinación entre o ámbito social e o sanitario".

Un ancián permanece dentro dunha ambulancia tras ser trasladado da residencia de anciáns de San Cibrao
Un ancián permanece dentro dunha ambulancia tras ser trasladado da residencia de anciáns de San Cibrao | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta