Por Galicia Confidencial | Madrid | 21/12/2020 | Actualizada ás 21:12
O Grupo Municipal do PSOE de Pontevedra decidiu respaldar en Madrid as reivindicacións dos hostaleiro que chegaron á capital español tras días de marcha. As xestións realizadas polos socialistas a través do deputado por Pontevedra nas Cortes Xerais, Guillermo Meijón, axudaron a que tiveran unha recepción institucional co secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados, Rafael Simancas.
Tal e como apuntan fontes socialistas, Simancas transmitiulles o apoio do PSdeG as súas reclamacións e destacou as medidas que o Executivo central está preparando específicamente para paliar as graves dificultades económicas polas que está pasando o sector.
No encontro cos representantes da asociación Hoempo tamén participaron, ademais do propio Meijón, a senadora Marica Adrio, o tenente de alcalde de Pontevedra e voceiro municipal do PSOE, Tino Fernández, e os concelleiros socialistas Iván Puentes e Marcos Rey.
Tras a xuntanza, Tino Fernández lamentou que a Xunta de Galicia "estea a criminalizar" ao sector da hostalería e lle impedise traballar nas mesmas condicións de seguridade que ao resto de sectores económicos e "levase a centos de familias pontevedresas e galegas a esta situación límite”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.