Os positivos diarios baixan a 202, pero volven crecer as hospitalizacións en Galicia

A presión hospitalaria mantense á alza con tres igresos máis, ata os 367.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O número de casos de covid-19 detectados en Galicia descendeu o luns ata os 202 positivos --66 menos que o domingo--, aínda que a presión hospitalaria volveu crecer lixeiramente, con tres ingresados máis ata os 357.

Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicada na mañá deste martes na páxina web da Consellería de Sanidade, con cifras recollidas ata as 18,00 horas do luns. Ata ese momento, nas 24 horas previas detectáronse 202 contaxios nun total de 6.857 probas PCR, as mesmas que na xornada anterior. Segundo os datos de Sanidade, a taxa de positividade situouse no 2,4%.

Pola súa banda, a presión hospitalaria volve rexistrar un lixeiro ascenso. En concreto, hai hospitalizados na comunidade 357 pacientes con covid, tres máis que a xornada anterior, aínda que as persoas en UCI baixan en dúas ata as 51.

Nesta última actualización, a área de Santiago-Barbanza segue sendo a que conta con maior número de hospitalizados, un total 80 --dous menos que a xornada anterior--. Deles, sete están na UCI, un máis.

A continuación atópase a da Coruña-Cee, onde se atopan 78 persoas hospitalizadas --catro máis--, e os pacientes en UCI sitúanse en 15 --un máis--. Pola súa banda, na de Vigo hai 60 hospitalizados --un menos--, nove deles en coidados intensivos --tres menos--.

No caso da área de Pontevedra-Salnés, os últimos datos de Sanidade informan de 50 hospitalizados --un mais que a xornada anterior-- e oito persoas en UCI, tamén unha máis. Na área de Ferrol hai 37 pacientes hospitalizados --tres máis que 24 horas antes--, dos que catro están en coidados intensivos.

Pola súa banda, os pacientes en hospitais de Ourense mantéñense en 34, catro deles na UCI. Finalmente, na área de Lugo-Mariña-Monforte hai 18 persoas en hospitalización --dúas menos que no parte anterior--, do catro están na UCI.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS

En canto ao balance na detección de casos, Galicia rexistrou 202 contaxios nun día, 66 menos que os notificados o luns, tras realizar 6.857 probas, as mesmas que a xornada anterior. Os datos de Sanidade sinalan que Ourense é a área que reporta máis contaxios, cun total de 44 positivos --dous máis que nas 24 horas anteriores--. Por detrás sitúase Santiago, con 42 novos positivos --19 menos--. Ademais, na de Vigo detectáronse 41 positivos --27 menos que na xornada anterior--.

Crecen os positivos na área de Pontevedra, onde se detectaron 39 casos --21 máis que un día antes--. Con todo, en Lugo só rexistráronse 14 --tres menos--; en Ferrol 12 --un menos-- e na Coruña 10 --36 menos--.

Deste xeito, Santiago pasa a ser a área con máis casos positivos, ata os 1.248 --13 máis--; mentres que Vigo ten 1.242 casos activos --catro menos. En Pontevedra hai 922 casos activos --cinco máis-- e na Coruña 866 --22 menos--; e en Ourense 519 --30 máis--. As restantes áreas atópanse unha xornada máis por baixo dos 500 casos activos. Así, en Ferrol hai 446 persoas contaxiadas --12 menos-- e en Lugo 360 --nove menos que 24 horas antes--.

TAXA DE POSITIVIDADE

Así mesmo, a web de Sanidade recolle que levaron a cabo nas últimas 24 horas un total de 6.857 probas PCR, as mesmas que a xornada anterior. Desde o inicio da pandemia practicáronse en Galicia 1.052.713 probas. Os datos do departamento autonómico sitúan a taxa de positividade nestas últimas 24 horas nun 2,4%, por baixo do día antes --3,8%-- e inferior ao que marca a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia.

CURADOS E FALECIDOS

Sanidade tamén recolle que desde o principio da pandemia se diagnosticou de covid-19 en Galicia a un total de 59.602 persoas, das que 52.658 curáronse, 327 nas últimas 24 horas.
Doutra banda, unha xornada máis as vítimas mortais da pandemia na Comunidade galega continúan en aumento e ascenden xa a 1.346 tras a morte de cinco persoas notificada nas últimas horas.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 20. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 20. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta