Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 13:18
O Goberno galego manterá un exercicio máis o complemento de 206 euros para os cidadáns galegos que teñen pensións non contributivas e outras prestacións similares.
Diso informaron fontes da Xunta, que sinalan que a medida, voluntaria e que Galicia ofrece de "forma ininterrompida durante os últimos 14 anos", será aprobada este mércores na reunión semanal do Consello.
En concreto, trátase dun pago único de 206 euros que os 38.000 pensionistas non contributivos que hai en Galicia recibirán no primeiros dez días do ano 2021. Para poder levar a cabo esta medida, a Xunta investirá case 8 millóns o próximo exercicio. Estas fontes sinalan que só 10 comunidades ofrecen este complemento a día de hoxe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.