55 aulas pechadas en Galicia pola COVID e 858 casos activos segundo o último parte da Xunta

Tres gardarías seguen sendo os centros pechados pola incidencia do coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus asociados á comunidade educativa de Galicia baixaron lixeiramente ao longo do fin de semana, ata situarse no total de 858, nove menos. De igual modo, caeron de forma importante as aulas pechadas pola pandemia, que se colocan nas 55, once menos.

Así se recolle o parte diario da Xunta sobre a situación da pandemia en gardarías, colexios e institutos, actualizado a última hora do luns --é dicir, recolle as variacións ocorridas durante a fin de semana--.

De acordo con este informe, mantéñense sen cambios os centros educativos pechados pola incidencia do coronavirus, que son un total de tres gardarías: o Barrio Sésamo 4 de Lugo, a Chiquis de Pontevedra e a de Cáritas Tui-Vigo na cidade olívica.

Como colexio con maior incidencia de Galicia continúa o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha da Coruña, cun total de 24 positivos --un máis con respecto aos datos do sábado--, pero cunha soa aula pechada.

Con todo, por áreas, a comunidade educativa máis afectada é a da contorna de Vigo, a pesar de que notifica unha lixeira mellora. En concreto, rexistra estes mates 199 casos de coronavirus --tres menos-- e nove aulas en corentena --cinco menos--, ademais da gardaría de Cáritas pechada.

Tras a viguesa, está a área de Santiago, que empeora a súa situación con 164 infectados relacionados cos seus centros --un máis-- e 12 unidades clausuradas --dúas máis--. O centro máis afectado é o CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia, con nove positivos, seguido do CPI de Pontecesures e do IES Nº 1 de Ribeira, con seis cada un.

PONTEVEDRA E A CORUÑA

Á área da capital galega séguelle de preto a de Pontevedra, con 161 positivos (+8) e nove aulas en corentena (as mesmas). Ademais do peche da escola infantil Chiquis da capital, cabe destacar a situación do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, con oito contaxiados, e a do CEIP Rosalía de Castro do Grove, con sete infectados que obrigan a manter pechadas tres clases.

A cuarta área máis afectada é a da Coruña, que mellora os datos tanto nos casos de covid asociados aos seus centros --142, seis menos-- como nas aulas en corentena --7, catro menos--.

A zona coruñesa ten o colexio máis afectado de Galicia, a María Assumpta da cidade herculina, pero hai outro centro, o IES Fin do Camiño de Fisterra, que contabiliza unha decena de positivos asociados.

FERROL, LUGO E OURENSE

Por baixo do centenar de casos de covid-19 nos centros educativos están Lugo, Ferrol e Ourense. Esta última contabiliza 69 contaxiados, un menos que nos datos do sábado, mentres que as aulas pechadas caen a catro, que son tres menos.

Como casos máis graves da provincia están o IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e o CPR Plurilingüe Santo Anxo da cidade de Ourense, pero só contabilizan catro positivos.

Na área de Ferrol, con 66 casos activos (-4) na súa comunidade educativa e sete aulas pechadas (as mesmas), as situacións máis graves son as do CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes e o IES Sofía Casanova da cidade departamental, ambos con seis infectados.

Pola súa banda, a zona de Lugo mantense como a menos afectada, con 57 casos de covid relacionados cos seus centros --baixa en seis-- e sete clases en corentena --baixa nunha--. Aínda que esta área conta co CEIP Plurilingüe de Xermade con nove casos, o resto de colexios da listaxe contan tan só entre un e tres positivos.

Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións do IES Vilar Ponche.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións do IES Vilar Ponche.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta