A Xunta adianta ao 11 de xaneiro a reserva de praza escolar para continuar estudos en centros de adscrición

O executivo galego merca sete parcelas no polígono industrial de Baión, en Vilanova de Arousa, para construír unha nova planta de compostaxe de biorresiduos domésticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia adiantou ao 11 de xaneiro a data para reservar praza escolar en caso de continuación dos estudos en centros de adscrición, é dicir, cando se cambia de etapa educativa e de centro, sempre que sexa para o adscrito, segundo se publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así, o goberno galego modificou a orde de 2013 que regula a admisión de alumnos en centros educativos sostidos con fondos públicos e que imparten segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, introducindo un cambio no artigo referido á admisión nos centros adscritos.

Segundo se recolle no DOG deste martes, o período para reservar praza en centros adscritos e continuar estudos será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (ata agora era do 1 ao 15 de febreiro). Este cambio afecta a estudantes que, por exemplo, pasan de Infantil a Primaria e cambian de colexio (van ao centro ao que está adscrita a súa escola de orixe), e o mesmo para os que pasan a outras etapas educativas e cambian o seu centro por outro adscrito.

Esta medida permite á Xunta (para eses casos concretos), do mesmo xeito que xa fixeron outras Comunidades Autómomas gobernadas polo PP, esquivar a chamada 'lei Celáa', a nova normativa estatal en materia de Educación, que se atopa na súa fase final de tramitación e que, entre outras cuestións, elimina o concepto de 'demanda social' do ensino concertado e, segundo os seus críticos, restrinxe a liberdade de elección de centro escolar.

PLANTA DE RECICLAXE EN VILANOVA DE AROUSA

A sociedade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) ratificou este martes, no seu Consello de Administración, a compra por parte da Xunta de sete parcelas --20.00 metros cadrados, por 1,5 millóns de euros-- no polígono industrial de Baión, en Vilanova de Arousa, para construír unha nova planta de compostaxe de biorresiduos domésticos.

Así o confirmou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  Ángeles Vázquez, este martes na reunión na que se aprobou o acordo entre a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), promotora do proxecto, e SEA, propietatia do parque industrial de Vilanova de Arousa.

A de Vilanova será a segunda planta pública en Galicia destinada ao tratamento e xestión de biorresiduos domésticos, tras a instalada o ano pasado en Cerceda, no propio complexo de Sogama.

A planta de Vilanova abarcará todo o proceso de compostaxe dos residuos --pretratamiento, fermentación, maduración e almacenamento--, así como o tratamento correspondente de aire e augas. Todo iso realizarase en naves pechadas e mediante enerxía renovable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta