O consello de Ence nomea conselleiro a un dos homes máis ricos de España

José Ignacio Comenge inxectou diñeiro para intentar deter a esprial baixista da papeleira.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 22/12/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O consello de administración de Ence acordou nomear por cooptación a José Ignacio Comenge Sánchez-Real con carácter de conselleiro dominical a proposta de Mendibea 2002, en substitución de La Fuente Salada, empresa da que é administrador.

José Ignacio Comenge
José Ignacio Comenge | Fonte: CCEP

Ignacio Comenge está no posto 65 da lista Forbes dos máis ricos de España en 2020, cun patrimonio neto estimado de case 800 millóns de euros, a maior parte del obtido a través de operacións en bolsa.

A orixe do seu imperio é a participación aproximada do 1,6% que posúe en Coca Cola European Partners (CCEP). Esta compañía ten un valor de mercado de case 21.000 millóns de euros e a súa participación está valorada nuns 336 millóns de euros. Ademais, ofrécelle unha importante e recorrente fonte de dividendos.

Comenge apoiou a cotización do grupo papelero mediante a compra de centos de miles de accións, para tentar deter a espiral baixista. En xullo, cando realizou a súa última defensa do título, comprou 200.000 accións por 740.000 euros e elevou a súa participación até o 6,37%.Esta participación ten un valor de mercado de 56 millóns de euros. O máximo accionista de Ence é o investidor e empresario Juan Luis Arregui, que controla o 29,24% do capital. 

A decisión do consello de Ence foi previo informe da comisión de nomeamentos e retribucións. Así mesmo, nomeou a Comenge vocal da comisión executiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta